XOVES, 10 DE ABRIL:CHARLA INFORMATIVA SOBRE A CONVOCATORIA DE PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

O luns 31 de marzo de 2014, comeza o prazo para a inscrición nas probas de acceso a ciclos formativos de formación profesional de grao medio. O día de finalización para dita inscrición é o venres, 11 de abril de 2014.
Os únicos requisitos para inscribirse son que o solicitante non cumpra os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao medio como pode ser: dispoñer do título de graduado na ESO, ter un ciclo de F.P realizado con anterioridade, ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos… e que cumpra o requisito de ter a idade mínima: ter cumpridos 17 anos ou que os cumpra neste ano natural (2014).
A proba é gratuíta. Aquelas persoas que estean escolarizadas en calquera ensinanza ,poden presentarse a esta proba, xa que non supoñe ningún impedimento.
A realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio se realizará o mércores día 4 de xuño de 2014, nos centros que se publiquen o xoves, día 24 de abril de 2014.
As solicitudes se descargan da páxina web http://www.edu.xunta.es/fp/probas e deberán presentarse en calquera centro educativo que impartan ciclos formativos de F.P
Para máis información o xoves 10 de abril ás 10:00 horas a xefatura do departamento de orientación dará unha charla informativa na aula 6 (4ª planta). Tamén obteredes información ,  en dito departamento ubicado na  2ª planta, e a través do seu blog na páxina do noso Centro.