REVISIÓN DE EXAMES ORDINARIA ESA E 1º BACHARELATO. RECLAMACIÓNS

Todo o profesorado da ESA E 1º BACHARELATO estará a disposición do alumnado o martes 24para calquera aclaración ou consulta no seguinte horario:

Quenda da mañá: 11:00 a 13:00

Quenda da tarde: 17:30 a 19:30


O profesorado estará na sala de profesores (3º ANDAR) e xefatura de estudos coordinará as solicitudes de revisión.


Período de  reclamacións:

martes 24 e mércores 25 no horario de Secretaría.

Para presentar reclamación temos que cumplimentar un impreso que pediredes na conserxería, no que expoñeredes os motivos da vosa reclamación e logo entregalo na Secretaría do centro para darlle rexistro de entrada.



Xefatura de Estudos