Reunión explicativa para a formación do grupo de 4º ESA Presencial Mañá

Criterios de selección para a formación do grupo:

Para seleccionar ós alumnos que formarán parte do único grupo de 4º Presencial da mañá (un total de 30-32 alumnos) que  teremos no segundo cuadrimestre, aplicaremos os seguintes criterios:

1º: Alumnos con todos os ámbitos aprobados de 3º ou 1º.

Si nos quedan prazas:

2º: Alumnos con un só ámbito suspenso.

Si nos quedan prazas:

3º: Alumnos que solicitaron praza para comezar no 2º cuadrimestre en 4º Presencial mañá.

Si nos quedan prazas:

4º: Alumnos con 2 ámbitos suspensos.

O venres 10 de febreiro ás 11:30 horas, faremos unha reunión na aula 16 (3º andar) para informar dos alumnos que formarán parte do grupo de 4º Presencial mañá así como das alternativas propostas para o resto do alumnado que agora cursa 3º Presencial mañá.

En calquera caso os alumnos que teñan ámbitos suspensos teñen a obriga de presentarse ao exame extraordinario que terá lugar o 15 de marzo no horario que se notificará con tempo.

Ademáis os alumnos terán unha clase semanal de recuperación para preparar dito exame. O horario destas clases será publicado no inicio do 2º cuadrimestre (15 de febreiro) e será de aplicación ata o día 14 de marzo.

Posteriormente estas clases serán de reforzo para os mesmos ámbitos de 4º segundo a recomendación de Departamento de Orientación.

Xefatura de estudos                                          01/02/2017