Publicación notas ESA e revisión de exames

  • PUBLICACIÓN DE NOTAS

As notas estarán dispoñibles na nosa páxina dende as 20:00 horas do martes 6 de febreiro.

Ir a VER NOTAS

Para os alumnos de 4º que teñan o mesmo ámbito de 3º ( o que chamamos matrícula ampliada) publicaremos unha listaxe coa nota de 4º e se titula ou non ás 21:30 do martes 6 de febreiro.

Os alumnos de presencial recollerán o boletín de notas na súa aula o mércores 7 de febreiro no seguinte horario:

ESA MAÑÁ: 11:00 horas

ESA TARDE: 18:30 horas

Os boletíns dos alumnos que non o recollan quedarán na conserxería.

  • REVISIÓN DE EXAMES: Mércores 7 de febreiro

O alumnado que precise ver o seu exame poderá facelo no seguinte horario:

ESA MAÑÁ (Presencial e distancia):

Dende as 11:30 até as 13:00 horas

ESA TARDE (Presencial e distancia):

Dende as 19:00 até as 20:30 horas.

Para solicitar dita revisión contactar na entrada da sala de profesores (3º andar) co xefe de estudos.

  • RECLAMACIÓNS

O alumnado que desexe presentar unha reclamación pola nota en calquera ámbito poderá facelo os días 7 e 8 de febreiro en horario de secretaría, onde teredes que presentar o impreso de reclamación (o podedes solicitar na conserxería).

 

Xefatura de estudos                                                                                         30/I/2018