PROBAS LIBRES SECUNDARIA 2015: Datas, lugares e documentación.

D.O.G. do 21 de xaneiro de 2015

Data do 1º exame: venres 29 de maio.
Datas para formalizar a matrícula: Do 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
O alumnado que vai realizar os exames en Pontevedra deberá matricularse atendendo á primeira letra do seu primeiro apelido:

– Da letra A á letra F: na EPA Río Lérez
– Da letra G á letra O: no IES Frei Martín Sarmiento
– Da letra P á letra Z: no IES Sánchez Cantón

• Documentación a presentar:
– 1.- Impreso solicitude matrícula, Anexo I.
– 2.- Fotocopia do DNI, Pasaporte ou documentación equivalente
-3.- Copia cotexadas, se procede, dos certificados dos ámbitos superados noutras convocatorias ou certificación académica das materias superadas.

O secretario