PROBAS LIBRES MAIO 2014: CUALIFICACIÓNS PROVISIONAIS (tribunal Nº1: IES Frei Martín Sarmiento e tribunal Nº2 : EPA Río Lérez)


PROBAS LIBRES  MAIO 2014: CUALIFICACIÓNS PROVISIONAIS
(tribunal Nº1 : IES Frei Martín Sarmiento e tribunal Nº2 : EPA Río Lérez)
Xa están dispoñibles as cualificacións provisionais das PROBAS LIBRES da ESO correspondentes á convocatoria de maio. Na nosa páxina web están colocadas as notas de todos aqueles alumnos que se matricularon para estas probas no noso centro e que, polo tanto, fixeron os exames no IES Frei Martín Sarmiento ou na EPA Río Lérez. Podedes consultalas desde o enlace-icono situado na páxina de inicio da WEB do noso centro (“NOTAS”) ou ben acceder directamente ás notas colgadas na páxina web de Ensinanzas de Adultos da Consellería de Educación desde este enlace  http://www.edu.xunta.es/web/node/1238
Lembrade que tedes que introducir como código identificador o voso DNI, (con letra maiúscula, sen guión) seguido do mes e ano de nacemento (ámbolos dous en formato de dous díxitos, por exemplo febreiro de 1987 sera 0287).
No caso de alumnos extranxeiros, é necesario o número do pasaporte ou o de matrícula, seguido tamén da data de nacemento.

O prazo de reclamación contra estas cualificacións provisionais será desde o 5 ata o 10 de xuño  na secretaría do EPA Río Lérez (para os alumnos que fixeron os exames no IES Frei Martín Sarmiento ou na EPA Río Lérez) no horario de  9:00 h – 14:00 h.