PROBAS LIBRES MAIO 2014: CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS (tribunal Nº1 : IES Frei Martín Sarmiento e tribunal Nº2 : EPA Río Lérez)


 CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS

Xa están dispoñibles as cualificacións definitivas das PROBAS LIBRES da ESO correspondentes á convocatoria de maio. Na nosa páxina web están colocadas as notas de todos aqueles alumnos que se matricularon para estas probas no noso centro e que, polo tanto, fixeron os exames no IES Frei Martín Sarmiento ou na EPA Río Lérez. Podedes consultalas desde o enlace-icono situado na páxina de inicio da WEB do noso centro (“NOTAS”) ou ben acceder directamente ás notas que colgarán o próximo venres 13 de xuño na páxina web de Ensinanzas de Adultos da Consellería de Educación desde este enlace  http://www.edu.xunta.es/web/node/1238
Lembrade que tedes que introducir como código identificador o voso DNI, (con letra maiúscula, sen guión) seguido do mes e ano de nacemento (ámbolos dous en formato de dous díxitos, por exemplo febreiro de 1987 será 0287).
No caso de alumnos extranxeiros, é necesario o número do pasaporte ou o de matrícula, seguido tamén da data de nacemento.
                                            
                                                         A secretaría