PROBAS LIBRES GRADUADO SECUNDARIA 2013

Xa están convocadas  as probas libres para a obtención do título de graduado en secundaria para maiores de dezaoito anos deste ano 2013 (DOG. 29-01-2013), toda a información das mesmas podédela ver aquí:
 
-Primeira convocatoria: 31 de maio. (Período de inscrición: 2 ao 15 de abril de 2013).
-Segunda convocatoria: 12 de setembro. (Período de inscrición: 1 ao 8 de xullo de 2013).
O alumnado que vai realizar os exames en Pontevedra deberá matricularse atendendo á primeira letra do seu primeiro apelido:
                                   Da letra A á letra L:   na EPA Río Lérez
                                   Da letra M á letra Z:   no IES Sánchez Cantón