PROBAS LIBRES ESO–MAIO 2013

Este ano a matrícula para a PROBA LIBRE ESO realizouse en 2 centros educativos de Pontevedra, EPA Río Lérez e IES Sánchez Cantón:
Apelidos dende o A ata o L : EPA Río Lérez

Apelidos dende o M ata o Z: IES Sánchez Cantón

A listaxe provisional de persoas persoas admitidas e excluídas para a realización destas probas correspondentes ao alumnado inscrito no noso centro EPA Río Lérez xa están publicadas, desde hoxe mesmo, no taboleiro principal situado na entrada do centro.

As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de 3 días hábiles para realizar unha reclamación formal (2, 3 e 6 de maio) na secretaría do centro.

Data de realización das probas: 31 de maio.

Horarios:

Chamamento para o acceso ás probas: 8:30h.

Exame Ámbito Cientifico-Tecnolóxico: 9:30h. ata 12:30h.

Exame Ámbito Social: 12:30h. ata 14:00h.

Exame Ámbito Comunicación: 16:00h. ata 19.45h.

Todas as novas relacionadas coas probas libres serán publicadas nesta sección da nosa web.