PROBAS LIBRES ESO 2013: Cualificacións definitivas e certificacións académicas.

As cualificación definitivas das Probas Libres ESO 2013 correspondentes ao alumnado que realizou os exames no centro EPA Río Lérez, una vez revisadas todas as reclamacións, serán expostas na nosa web e no taboleiro informativo interior a partir do luns 17 de xuño ás 18:00 h.
 
Por outra parte, na secretaría do noso centro estarán dispoñibles, a partir do mércores 19 de xuño, as certificacións académicas de todas as persoas que realizaron a súa matrícula para estas probas no noso centro.