Nova App de ‘Novas’ para móbiles

  Neste curso estrenamos unha nova App para teléfonos e outros dispositivos Android que se conecta con todos os Blogs da EPA (o de Novas do Centro e os dos Departamentos que os teñen), para estar sempre informad@s das novidades. Os que xa a teñades instalada de cursos pasados, desinstaládea e poñede a nova xa que algúns blogs cambiaron de enderezo.novas

  Podedes instalar a aplicación escaneando coa cámara do móbil o código QR (é necesario ter instalada unha aplicación de escaneo de códigos como QR Droid) ou descargala ao voso PC/Terminal desde a páxina web do centro, e logo copiala e instalala manualmente no teléfono (hai que ter activada a opción de instalar aplicacións de orixe descoñecida). Funciona con calquera versión de Android, tanto en móbiles como Tablets, en modo vertical ou apaisado. No menú de configuración podedes cambiar o idioma da app e configurar os intervalos de sincronización, se queredes que só sincronice por Wi-fi, etc.

chart

 

Instalar