LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS BACHARELATO 2015-2016

Unha vez rematado o periodo de reserva de praza para 1º e 2º de bacharelato, recordade que o día 21 deste mes publicaremos o listado provisional de admitidos para este curso 2015-2016.
Os alumnos admitidos deberán pasar pola secretaría do centro para formalizar a súa matrícula, no horario de 9:00 h. a 14:00 h, desde o día 22 ata o 25 de setembro como data máxima.
Aqueles alumnos que non formalicen a súa matrícula nestas datas perderán a praza e procederase a chamar ás persoas da lista de espera.