IMPORTANTE: DEPARTAMENTO DE LATÍN, GREGO E FILOSOFÍA. RECUPERACIÓNS 1º E 2ª AVALIACIÓNS E EXAMES FINAIS

RECUPERACIÓNS 1ª E 2ª AVALIACIÓNS E EXAMES FINAIS.EPA RÍO LÉREZ PONTEVEDRA. CURSO 2019-2020.

Os exames finais tanto de 1º como de 2º de Bacharelato realizaranse vía telemática nas horas que figuran no horario de exames da seguinte forma: o alumnado recibirá 5 minutos antes da hora indicada o exame por correo electrónico e realizarao na hora e media prescrita. Debe remitilo á dirección de correo electrónico da profesora, profecarmen.silva@gmail.com, como moito media hora máis tarde da hora indicada para o remate do exame. Para evitar posibles problemas de calquera natureza que impida a realización dos exames, convén que o alumnado solicitante de examen final, realice as seguintes tarefas que lle axudarán, por outra parte a preparar as probas. Estas tarefas deben ser remitidas á mesma dirección de correo electrónico arriba indicada nas datas que se indican en cada caso. Para 2º de bacharelato non mais alá do venres 5 de xuño.

HISTORIA DA FILOSOFÍA 2º BACH. QUENDAS DE MAÑÁ E TARDE.

Recuperación da 1ª avaliación:

  • Semana do 18 ó 22 de maio: realización do “exercicio a enviar ó titor” da 1ª quincena: comentario de texto filosófico sobre a idea de xustiza en Platón. No arquivo asociado, ademáis do texto a comentar, proporciónanse indicación para realizar o traballo.
  • Semana do 25-29 de maio: realización do “exercicio a enviar ó titor” da 3ª quincena: no arquivo adxunto atoparedes un texto de San Anselmo de Canterbury no que expón una das argumentacións de máis peso da filosofía medieval. Tratade de recoñecela e comparádea con outras probas sobre a mesma cuestión.

Recuperación da 2ª avaliación:

  • Semana do 1 ó 5 de xuño: realización do “exercicio a enviar ó titor” da 1ª quincena: comentario de texto filosófico sobre un texto de Maquiavelo que atoparedes no arquivo adxunto.

Todos os materiais necesarios para a realización destas tarefas podedes atopalos na plataforma do IES San Clemente de Santiago de Compostela que foi a ferramenta principal utilizada durante a etapa presencial que puidemos disfrutar no centro: https://guiasbac.iessanclemente.net/. Pinchando neste mesmo enlace ou nalgún dos tres anteriores podedes acceder á páxina. Non se terán en conta para a avaliación final as tarefas entregadas fóra dos prazos indicados. En calquera caso, serán de gran axuda para a realización das probas de setembro, que esperemos se poidan desenvolver xa de maneira presencial no centro.

LATÍN II. QUENDAS DE MAÑÁ E TARDE.

Recuperación da 1ª e 2ª avaliacións:

  • Semana do 18 ó 22 de maio: Exercitia de capitulum IX.
  • Semana do 25 ó 29 de maio: Exercitia de capitulum X.
  • Semana do 1 ó 5 de xuño: Exercitia de capitulum XI.

Os exercicios deben ser feitos de forma manuscrita e enviados á dirección de correo electrónico da profesora: profecarmen.silva@gmail.com, como arquivo adxunto en forma de fotografía.

GREGO II. QUENDAS DE MAÑÁ E TARDE.

As tarefas, no caso desta materia, serán personalizadas. O alumnado afectado debe poñerse en contacto coa profesora para recibir instruccións específicas para cada caso.

FILOSOFÍA 1º BACHARELATO. QUENDAS DE MAÑÁ E TARDE.

Recuperación da 1ª avaliación:

  • Semana do 25 ó 29 de maio: realización do “exercicio a enviar ó titor” da 1ª quincena: redacción clara e precisa de en que consistiu o nacemento da filosofía como paso do mito ó logos.
  • Semana do 1 ó 5 de xuño: realización do “exercicio a enviar ó titor” da 3ª quincena: consistente en tratar de responder á cuestión: é posible coñecer a verdade?.

Recuperación da 2ª avaliación:

  • Semana do 8 ó12 de xuño: realización do “exercicio a enviar ó titor” da 1ª quincena: consistente en responder unhas cuestións sobre un texto de Protágoras.

Todos os materiais necesarios para a realización destas tarefas podedes atopalos na plataforma do IES San Clemente de Santiago de Compostela que foi a ferramenta principal utilizada durante a etapa presencial que puidemos disfrutar no centro: https://guiasbac.iessanclemente.net/. Pinchando neste mesmo enlace ou nalgún dos tres anteriores podedes acceder á páxina. Non se terán en conta para a avaliación final as tarefas entregadas fóra dos prazos indicados. En calquera caso, serán de gran axuda para a realización das probas de setembro, que esperemos se poidan desenvolver xa de maneira presencial no centro.

LATÍN I. QUENDAS DE MAÑÁ E TARDE.

Recuperación da 1ª e 2ª avaliacións:

  • Semana do 18 ó 22 de maio: Exercitia de capitulum II.
  • Semana do 25 ó 29 de maio: Exercitia de capitulum III.
  • Semana do 1 ó 5 de xuño: Exercitia de capitulum IV.

Os exercicios deben ser feitos de forma manuscrita e enviados á dirección de correo electrónico da profesora: profecarmen.silva@gmail.com, como arquivo adxunto en forma de fotografía.

GREGO I. QUENDAS DE MAÑÁ E TARDE.

As tarefas, no caso desta materia, serán personalizadas. O alumnado afectado debe poñerse en contacto coa profesora para recibir instruccións específicas para cada caso.

 

Carmen Silva                                                                                               18/V/2020