IMPORTANTE: ALUMNOS CON MATERIAS PENDENTES DE 1º BACHARELATO

O alumnado de 2º de Bacharelato con materias pendentes de 1º QUE QUEIRAN TITULAR EN MAIO (para presentarse  ás ABAU, matrícula en Ciclos, etc.) teñen que realizar os exames de TODAS as materias pendentes de 1º os días 21 e 22 de abril no calendario que se establecerá para os mesmos.

Ditos alumnos teñen que anotarse para a realización dos exames na listaxe que con dita finalidade estará na conserxería  ata o VENRES 15 de abril.

Os alumnos que non se anoten non poderán facer os exames.

Preguntas frecuentes dos alumnos:

  1. Anótome para os exames de abril e suspendo os exames. Podo facer os da 3ª avaliación cos de 1º?

NON.  Logo xa só che queda facer os exames extraordinarios de xuño e ser avaliado o 23 de xuño.

2. Anótome para os exames de abril. Cómo vai ser o exame?

Depende do profesor/ra da materia. Si xa aprovache os exames da 1ª e 2ª avaliación seguramente terás que facer un exame para os contidos da 3ª. Terás que falar co profesor/ra.

3. Non me quero presentar os exames de abril. Quero rematar as materias de primeiro en xuño. Qué teño que facer?

NADA. O centro entende que cursas as materias de 1º coma se foses un alumno de primeiro.

 

Xefatura de estudos                                                                                                     17/III/2022