Falecemento do alumno Diego Ríos Iglesias

 

lazo de luto

Por desgraza acabamos de confirmar a tráxica nova do falecemento o día de onte do noso alumno e compañeiro do 4º ESA presencial da tarde, Diego Ríos Iglesias.

Abrumados polo pesar, queremos trasladar o noso máis sincero pésame á familia e a todos os amigos de Diego, no nome de toda a comunidade educativa do noso centro, con quen compartimos estes momentos de dor.