EXAMES SETEMBRO DE 2º BACHARELATO, NOTAS, REVISIÓN E RECLAMACIÓNS

EXAMES 2º BACH

IMPORTANTE

Os exames de setembro son nunha única quenda e polo tanto só temos unha sesión asignada tanto para os alumnos da mañá coma para os da tarde.

ALUMNOS CON MATERIA PENDENTES DE 1º

Farán os exames no calendario establecido para os alumnos de 1º de bacharelato.

Os alumnos que teñan coincidencias entre os exames das materias de 2º e os das materias de primeiro, teñen que facer o examen da materia de segundo no horario indicado e presentarse ao exame da materia de primeiro no horario de coincidencias o venres 2, na aula 13 e no horario que, dependendo dos exames que se teñan que realizar, poderá ser dende as 17:30 até ás 22:00. (O horario exacto será publicado o xoves 1 pola tarde)

Para poder facer os exames de primeiro de coincidencias é obrigatorio anotarse na folla que estará na conserxería do centro.

Data límite para anotarse o   xoves 1 de  setembro ás 11:00 horas da mañá.

Os alumnos que non se anoten non poderán facer os exames de coincidencias.

Recordade que o centro estará aberto de 10:00 a 13:00 no mes de xullo e pechado en agosto.

Podedes chamar para anotarvos, indicando nome e apelidos, grupo e quenda, materia de 2º e materia de 1º coa que vos coincide o exame.

NOTAS: Publicadas na páxina do centro o luns 5 ás 12:00 horas.  VER NOTAS

REVISIÓN DE EXAMES: luns 5 de 12:00 a 13:30 horas.

RECLAMACIÓNS: Días 5 e 6 de setembro.

 

O Xefe de Estudos                                                                          29/VI/16