Exames pendentes de 1º de Bacharelato

AVISO PARA ALUMNOS CON MATERIAS PENDENTES DE 1º BACHARELATO

O alumnado de 2º de Bacharelato  con materias pendentes de 1º que queiran titular en maio ( para presentarse  ás PAU ou facer reserva xa en xuño para ciclos de grao superior) teñen que realizar os exames das materias pendentes de 1º os días 28 e 29 de abril no calendario que se establecerá para os mesmos.

Ditos alumnos teñen que anotarse para a realización dos mesmos na listaxe que con dita finalidade estará na conserxería  ata o luns 18 de abril.

Os alumnos que non se anoten non poderán facer os exames.

Aclaracións importantes:

  1. Na modalidade de bacharelato de adultos non é obrigatorio facer estos exames. É decir, un alumno pode optar por facer coas materias pendentes de primeiro o curso completo con todas as avaliacións coma calquer alumno de 1º de bacharelato. Neste caso o alumno terá que esperar a que se faga a avaliación  de 1º e polo tanto terá que esperar a setembro para poder titular e xa non poderá presentarse ás  PAU en xuño.
  2. Se un alumno se presenta ós exames de pendentes e suspende, xa non poderá facer ningún exame desa materia ata setembro.

 

Xefatura de estudos                                                                               29/III/16