EXAMES EXTRAORDINARIA MATERIAS PENDENTES DE 1º DE BACHARELATO

O alumnado de 2º de Bacharelato con materias pendentes de 1º que queiran titular en maio (para presentarse  ás ABAU) teñen que realizar os exames das materias pendentes de 1º os días 19 e 20 de abril no calendario que se establecerá para os mesmos.

Ditos alumnos teñen que anotarse para a realización dos mesmos na listaxe que con dita finalidade estará na conserxería  ate o xoves 12 de abril.

Os alumnos que non se anoten non poderán facer os exames.

Aclaracións importantes:

  1. Na modalidade de bacharelato de adultos non é obrigatorio facer estos exames. É decir, un alumno pode optar por facer coas materias pendentes de primeiro o curso completo con todas as avaliacións coma calquer alumno de 1º de bacharelato. Neste caso o alumno terá que esperar a que se faga a avaliación final de 1º en xuño para poder titular e xa non poderá presentarse ás  probas de ABAU de xuño pero poderá facer reserva de praza en ciclos de grao superior.
  2. Se un alumno se presenta ós exames de pendentes e suspende, xa non poderá facer ningún exame desa materia ata setembro.

 

Xefatura de estudos                                                                           22/III/18