ESA SEMIPRESENCIAL e PRESENCIAL: ENTREGA DE NOTAS e RECLAMACIÓNS CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 1º CUADRIMESTRE.


O vindeiro xoves 3 de maio estarán dispoñibles, desde as 19:00h., as notas cos resultados da convocatoria extraordinaria do 1º cuadrimestre dos cursos da ESA SEMIPRESENCIAL e PRESENCIAL, podedes consultalas desde o enlace situado na páxina WEB do centro.
Os alumnos da modalidade  ESA PRESENCIAL poderán recoller os boletíns de notas na conserxería a partir desa mesma hora.
Se algún alumno quixese ver o exame e/ou falar co profesor/a correspondente sobre calquera aspecto relacionado co resultado da súa avaliación deberá solicitalo directamente na conserxería ou ben chamando por teléfono o luns 7 ou o martes 8, indicando nome e apelidos, concello de referencia, nº de teléfono de contacto e especificando con que profesores desexa entrevistarse. Estas solicitudes procurarán resolverse o mércores 9 e o xoves  10 (para o cal contactaríase telefonicamente co interesado).
* Período de reclamación na secretaría do centro: días 10 e 11 de maio (en horario de 9:00h a 14:00h)