ESA PRESENCIAL e SEMIPRESENCIAL: Convocatoria Extraordinaria 1º Cuadrimestre (15 de maio)

EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 1º CUADRIMESTRE .


Os exames da modalidade de
ESA SEMIPRESENCIAL correspondentes á convocatoria extraordinaria do 1º cuadrimestre terán lugar o próximo mércores 15 de maio para todos os cursos da ESA (1º, 2º, 3º e 4º) no seguinte horario:

a) 16:00h. a 18:30h. ( ámbito Cient.-tecnolóx. ; ámbito Social )
b) 19:00h. a 21:00h. ( ámbito Comunicación )



Ese mesmo día 15 de maio impartiranse as clases do 2º bimestre de ESA SEMIPRESENCIAL no seu horario habitual (non se suspenden as clases).

Para a modalidade de ESA PRESENCIAL próximamente será confeccionado (e anunciado nas aulas correspondentes) un calendario de exames da convocatoria extraordinaria para 1º e 3º nas dúas quendas. Estes exames serán realizados desde o luns 13 de maio ata o martes 21.