E.S.A.: entrega de notas e reclamacións.(Setembro 2012)

Os resultados da avaliación de setembro (convocatoria extraordinaria) da ESA poderán consultarse (e imprimirse) na páxina web do centro (www.epapontevedra.com)a partir das 12:00 horas do luns 10 de setembro.
Se algún alumno quixese ver o exame e/ou falar co profesor/a correspondente sobre calquera aspecto relacionado co resultado da súa avaliación poderá acudir ao centro dende as 12:00 horas ata as 13:00 horas dese mesmo día .
Se despois de ver o exame e entrevistarse co profesor o alumno mantén o seu desacordo co resultado da avaliación, poderá presentar unha reclamación formal por escrito xustificando os motivos que o levan a reclamar. Este documento débese presentar na secretaría do centro, dirixido á Dirección, (en horario de 9:00h a 14:00h) os días 10, 11 ou 12 de setembro.