Criterios de selección para a formación do grupo de 4º Presencial da mañá

Para seleccionar ós alumnos que formarán parte do único grupo de 4º Presencial da mañá (un total de 30-32 alumnos) que teremos no segundo cuadrimestre, aplicaremos os seguintes criterios:

1º: Alumnos con todos os ámbitos aprobados de 3º ou 1º.

Si nos quedan prazas:

2º: Alumnos con un só ámbito suspenso.

Si nos quedan prazas:

3º: Alumnos que solicitaron praza para comezar no 2º cuadrimestre en 4º Presencial mañá.

Si nos quedan prazas:

4º: Alumnos con 2 ámbitos suspensos.

xoves 8 de febreiro ás 11:30 horas, faremos unha reunión na aula 11 (3º andar) para informar dos alumnos que formarán parte do grupo de 4º Presencial mañá así como das alternativas propostas para o resto do alumnado que agora cursa 3º Presencial mañá.

Os alumnos con todo aprobado de 3º xa van a ser alumnos de 4º, polo que non precisan asistir a dita reunión.

En calquera caso os alumnos que teñan ámbitos suspensos teñen a obriga de presentarse ao exame extraordinario que terá lugar nas datas que se notificarán con tempo.

Estes alumnos terán unha clase semanal de recuperación para preparar dito exame. O horario destas clases será publicado no inicio do 2º cuadrimestre (19 de febreiro) e será de aplicación ata o día 12 de marzo.

Tamén asistirán ás clases dos ámbitos de 4º ainda que a matrícula só se fará efectiva logo de ter aprobado o exame extraordinario.

Posteriormente estas clases serán de reforzo para os mesmos ámbitos de 4º segundo a recomendación de Departamento de Orientación.

 

Xefatura de estudos                                                        30/I/2018