Como seguramente xa tedes comprobado, o noso enlace a Temarios non está operativo.
Cada profesor vos indicará os contidos e os materiais que vades empregar.
Tedes o teléfono indicado na hora de titoría telemática para facer calquera consulta.
No menú temos acceso aos ámbitos ESA:
O profesorado de cada ámbito colocará os contidos e materiais que considere oportuno.
Tamén temos aulas virtuais para algún ámbitos.
Para acceder a estas aulas virtuais tedes que ser usuarios da plataforma.
Precisades un correo electrónico.
Moi importante:
Tedes que poñer Alum_ diante do voso nome ao rexistrarvos.
Vades recibir un correo de verificación e xa podedes entrar na plataforma.
No caso de que o curso teña contrasinal para matricularse no mesmo teredes que falar co profesor para que vos pase a mesma.
Xefatura de estudos 30/09/2016