Arquivo da categoría: Novas do Centro

Calendario exames ESA Semipresencial do 1º Bimestre

Como temos no calendario escolar as datas van ser o martes 17 e o mércores 18 de novembro.

Por mor da normativa asociada á pandemia COVID e para garantir ó máximo a seguridade vamos voltar a realizar os exames de cada curso nun só día.

Deste xeito o calendario quedará:

Martes  17-XI-20

EXAMES DE 1º e 3º de semipresencial

  • 16:00h-18:30h: Exames de C-T e Sociais 
  • 19:00h-21:00h: Exames de Comunicación

Mércores  18-XI-20

EXAMES DE 2º e 4º de semipresencial

  • 16:00h-18:30h: Exames de C-T e Sociais
  • 19:00h-21:00h: Exames de comunicación

MOI IMPORTANTE:

Como sabedes temos limitado o número de alumnos por aula en cumprimento da normativa COVID.

Precisamos saber o número de alumnos que vamos ter para ditos exames.

É por este motivo que para poder realizar os exames é OBRIGATORIO que llo confirmedes ó profesor/ra do ámbito.

Podedes comunicarllo directamente na clase, mediante mensaxe ó seu correo electrónico (que atopades na nosa web: www.epapontevedra.com, indicando o nome completo, ámbito e quenda) ou chamando na hora da titoría telemática que tedes no voso horario.

Data límite para confirmar a asistencia ó exame: Venres, 30 de Outubro.

 

Xefatura de Estudos                                                                            20/X/20        

 

 

 

 

 

Xefatura de Estudos                                                                                22/X/2020

PRESENTACIÓN BACHARELATO

mércores día 30 todas en el Salón de actos (máximo 45 alumnos):

Mañana:

1º Bacharelato: 42 alumnos a las 10:30 Horas

2º Bacharelato: 118 alumnos

2º Bach de la A a la L a las  11:15 horas

2º Bach de la M a la Z a las 12:30 horas

Tade:

1º Bacharelato: 19 alumnos a las 17:00 horas

2º Bacharelato: 43 alumnos a las 17:30 horas

 

Dirección

BACHARELATO: PRESENTACIÓN e INICIO CURSO 2020-2021

BACHARELATO: PRESENTACIÓN e INICIO CURSO 2020-2021

O mércores, 30 de setembro (en horarios que concretaremos o día 29), realizaremos a presentación do bacharelato para este curso 2020/21. Por mor da situación sanitaria que estamos a vivir, as presentacións realizaranse de forma escalonada, en grupos reducidos. Por favor estade atentos á nosa web o día 29 para confirmar o horario da presentación do voso grupo coa finalidade de non entrar nas instalacións do centro antes da hora indicada.

Unha vez rematada a presentación dun determinado grupo, o alumnado deberá abandoar o centro para poder dar paso aos seguintes grupos.

As clases comezarán o día seguinte, venres, día 1 de outubro, nos horarios que serán publicados na nosa web (www.epapontevedra.com) a finais desta mesma semana.

Comprobade que non se producen coincidencias horarias de diferentes materias  no voso horario de clases, e de existir estas coincidencias contactade coa  secretaría do centro, mediante correo electrónico (epa.rio.lerez@edu.xunta.es), para indicarnos de que materias se trata e intentar solucionar a situación.

PRESENTACIÓN e INICIO CURSO 2020-2021: ESA, EBI I, EBI II e MATERIAS NON REGRADAS

O próximo venres, 25 de setembro, realizaremos a presentación dos cursos de ESA PRESENCIAL  para este curso 2020/21  nos seguintes horarios:

11:00 HORAS–> 1º ESA PRESENCIAL MAÑÁ   (Aula 11 3º Andar)

11:30 HORAS–> 3º (A) ESA PRESENCIAL MAÑÁ (Aula 12 3º Andar)

12:00 HORAS–> 3º (B) ESA PRESENCIAL MAÑÁ (Aula 13 3º Andar)

17:00 HORAS–> ESA PRESENCIAL TARDE (Aula 11 3º Andar)

17:30 HORAS–> 3º ESA PRESENCIAL TARDE (Aula 12 3º Andar)

As clases dos cursos ESA PRESENCIAL comenzarán o luns 28 nos seus horarios respectivos.

  • Os cursos de EBI I, EBI II e MATERIAS NON REGRADAS  non terán presentacións e comezarán as súas clases o luns 28, nos seus horarios respectivos.

 

  • Os cursos de ESA SEMIPRESENCIAL  non terán presentacións e comezarán as súas clases o luns 28, nos seus horarios respectivos que estarán colgados na nosa páxina web.

(Os horarios de cada grupo estarán expostos  na web do centro a partir do xoves, día 24).

a secretaría.

PROBAS LIBRES SETEMBRO 2020: Cualificacións Provisionais

TRIBUNAL : EPA Río Lérez

Xa están dispoñibles as Cualificacións Provisionais das PROBAS LIBRES da ESO correspondentes á convocatoria de SETEMBRO 2020.

Podedes consultalas nos taboleiros do noso centro ou ben na páxina web da Consellería de Educación dentro da sección de Adultos.

Prazo de reclamacións: do día 14 ao 18 de setembro na secretaría do centro EPA Río Lérez (horario de 09:00 h a 14:00 h.)