Arquivo da categoría: CALENDARIOS DE EXAMES

ALUMNOS CON MATERIAS PENDENTES DE 1º BACHARELATO

O alumnado de 2º de Bacharelato con materias pendentes de 1º que queiran titular en maio (para presentarse  ás ABAU) teñen que realizar os exames das materias pendentes de 1º os días 25 e 26 de abril no calendario que se establecerá para os mesmos.

Ditos alumnos teñen que anotarse para a realización dos mesmos na listaxe que con dita finalidade estará na conserxería  ate o martes 16 de abril.

Os alumnos que non se anoten non poderán facer os exames.

Na sección de novas (e no taboleiro da clase) tedes o documento que explica todas as posibles opcions que tedes neste curso.

Xefatura de estudos                                                      25/III/18

Calendario de exames de 1º bacharelato

 

Calendario de exames de 1º

Calendario de exames de 1º

Recordade que durante a semana de exames non temos clase nin titorías orientativas de 1º.

Este calendario é tamen para os alumnos de 2º con materias pendentes de 1º.

 

Xefatura de estudos                                                                                             06/XI/2018

IMPORTANTE: EXAMES DO 1º BIMESTRE DA ESA SEMIPRESENCIAL

Logo de analizar os resultados da enquisa realizada no remate do curso pasado entre o alumnado sobre a súa preferencia para a realización dos exames, neste curso vamos realizar unha modificación significativa e teremos os exames de cada módulo en dous días distintos.

Así o martes 13 de novembro faremos únicamente os exames de Comunicación e o mércores 14 de novembro faremos os de Científico-Tecnolóxico e o de Sociedade.

O horario é o que podedes ver nesta imaxe:

Horario dos exames de semipresencial 1º bimestre

Horario dos exames de semipresencial 1º bimestre

Recordade que o exame do ámbito de comunicación está formado por un exame de lingua galega e castelán e outro do idioma que teñades.

Para poder ser avaliado do ámbito de comunicación tedes que entregar os dous exames.

O alumno que non o faga será calificado con NP.

 

Xefatura de estudos                                                                                           11/XI/18