CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO BACHARELATO, NOTAS, REVISIÓNS DE EXAMES E RECLAMACIÓNS

Os alumnos de Relixión teñen unha reunión co profesor o venres 1 na aula 12 ás 9:30 horas.

Os exames realizaranse na aula 12 para 1º e na 15 para 2º agás nos casos indicados.

Os exames de setembro son nunha única quenda e polo tanto só temos unha sesión asignada tanto para os alumnos da mañá coma para os da tarde.

ALUMNOS CON MATERIA PENDENTES DE 1º

Farán os exames no calendario establecido para os alumnos de 1º de bacharelato.

Os alumnos que teñan coincidencias entre os exames das materias de 2º e os das materias de primeiro, teñen que facer o examen da materia de segundo no horario indicado e presentarse ao exame DAS MATERIAS DE 1º en coincidencias o luns 4, na aula 13 e no horario que, dependendo dos exames que se teñan que realizar, poderá ser dende as 17:30 até ás 22:00. (O horario exacto será publicado o venres 1 pola tarde)

Para poder facer os exames de primeiro de coincidencias é obrigatorio anotarse na folla que estará na conserxería do centro.

Data límite para anotarse o venres 1 de  setembro ás 11:00 horas da mañá.

Os alumnos que non se anoten non poderán facer os exames de coincidencias.

Recordade que o centro estará aberto de 10:00 a 13:00 nos meses de xullo e agosto.

NOTAS: Publicadas na páxina do centro o Martes 5 ás 12:00 horas.

REVISIÓN DE EXAMES: MARTES 5 de 12:00 a 13:30 horas.

RECLAMACIÓNS: Días 5 e 6 de setembro até as 14:00 horas.

O impreso para a reclamación estará na conserxería do centro.

EXAMES DE 1º DE BACHARELATO

EXAMES 2º BACHARELATO

Xefatura de estudo                                                                                                   29-VI-2017