BACHARELATO: PRESENTACIÓN e INICIO CURSO 2020-2021

BACHARELATO: PRESENTACIÓN e INICIO CURSO 2020-2021

O mércores, 30 de setembro (en horarios que concretaremos o día 29), realizaremos a presentación do bacharelato para este curso 2020/21. Por mor da situación sanitaria que estamos a vivir, as presentacións realizaranse de forma escalonada, en grupos reducidos. Por favor estade atentos á nosa web o día 29 para confirmar o horario da presentación do voso grupo coa finalidade de non entrar nas instalacións do centro antes da hora indicada.

Unha vez rematada a presentación dun determinado grupo, o alumnado deberá abandoar o centro para poder dar paso aos seguintes grupos.

As clases comezarán o día seguinte, venres, día 1 de outubro, nos horarios que serán publicados na nosa web (www.epapontevedra.com) a finais desta mesma semana.

Comprobade que non se producen coincidencias horarias de diferentes materias  no voso horario de clases, e de existir estas coincidencias contactade coa  secretaría do centro, mediante correo electrónico (epa.rio.lerez@edu.xunta.es), para indicarnos de que materias se trata e intentar solucionar a situación.