BACHARELATO: Exames de coincidencias da 2ª avaliación

Os alumnos aos que lles coincida no mesmo horario un exame de 2º BACH. con outro de 1º BACH, deben facer o exame de 2º no horario establecido e presentarse o venres 8 de marzo, ás 11:30h os da quenda da mañá e ás 16:00h os da quenda da tarde, na aula 12 para facer o exame de 1º BACH no horario previsto para COINCIDENCIAS.
Nese caso É OBRIGATORIO QUE O ALUMNO AVISE AO PROFESOR/A DA MATERIA DE 1º E SE ANOTE NA LISTAXE QUE PARA O EFECTO SE ABRIRÁ NA CONSERXERÍA. O prazo para anotarse rematará o mércores 27 de febreiro a última hora do serán.
ATENCIÓN: Non será admitido a exame ningún alumno/a  que non se anotase previamente no prazo indicado. Só deben anotarse aqueles alumnos que efectivamente vaian facer o exame. Se algún anotado finalmente non se presentase, deberá pasar pola xefatura de estudos para xustificar esa falta.

O xefe de estudos