BACHARELATO: Entrega de notas (2º Trimestre)

As notas de 1º e 2º de BACHARELATO correspondentes ao 2º trimestre estarán dispoñibles o vindeiro mércores 13 de marzo, desde as 20:00h. para os alumnos da quenda da mañá e o xoves 14 de marzo, desde as 13:00h. para os alumnos da quenda da tarde. Podedes consultalas desde o enlace situado na páxina de inicio da WEB do Centro.
Lembrade que tedes que introducir como código identificador o voso DNI (con letra, sen guión), seguido do mes e ano de nacemento (ámbolos dous en formato de dous díxitos, por exemplo: febreiro de 1987 será 0287). No caso de alumnos estranxeiros é necesario o número do pasaporte ou o de matrícula, seguido tamén da data de nacemento.