BACHARELATO 2019-2020: LISTAXE PROVISIONAL ALUMNOS ADMITIDOS

Unha vez rematado todo o proceso de reserva de prazas, informamos que as persoas que entregaron a solicitude  para cursar o bacharelato no noso centro EPA, foron admitidas para este  curso 2019-20, a excepción das que figuran na seguinte listaxe:

  1. Castro Simes, Miguel (*)
  2. Domínguez Moreira, Belén
  3. López Viejó, Pablo
  4. Martínez Souto, Jesús
  5. Sanmartín Vacas, Alba (*)

Se o motivo da exclusión é por falta de documentación, os afectados dispoñen de 2 días de prazo para presentala en secretaría

  • As persoas admitidas, que non foron alumnos do noso centro EPA  no curso 2018-2019 deberán pasar pola secretaría do centro para formalizar a súa matrícula, no horario de 9:00 h. a 14:00 h, desde hoxe, día 17, ata o 24 de setembro como data máxima.
  • Os alumnos deberán comprobar, antes de formalizar a súa matrícula, que as materias elexidas non coinciden ás mesmas horas; nese caso deberán cambiar a súa petición ou deixar unha das materias. Para realizar esta comprobación serán publicados proximamente os horarios na nosa web e taboleiros.
  • Aqueles alumnos que non formalicen a súa matrícula nestas datas perderán a praza e procederase a chamar ás persoas da lista de espera.
  • Por outra parte aquelas persoas que xa foron alumnos do noso centro EPA durante o curso pasado 2018-2019 e xa entregaron o sobre de matrícula para este curso non teñen que volver a pasar por secretaría por ter toda a documentación xa entregada.
    Nas materias comúns/troncais da quenda da mañá existirán 2 grupos formados según a 1ª letra do 1º apelido:

GRUPO 1 → da letra A ata a letra L
– GRUPO 2 → da letra M ata a letra Z