BACHARELATO 2018-2019: LISTAXE PROVISIONAL ALUMNOS ADMITIDOS

Unha vez rematado todo o proceso de reserva de prazas, publicamos a listaxe provisional dos alumnos de bacharelato admitidos para o curso 2018-19.

  • As persoas admitidas, que non foron alumnos do noso centro EPA  no curso 2017-2018 deberán pasar pola secretaría do centro para formalizar a súa matrícula, no horario de 9:00 h. a 14:00 h, desde o día 19 ata o 25 de setembro como data máxima.
  • Os alumnos deberán comprobar, antes de formalizar a súa matrícula, que as materias elexidas non coinciden ás mesmas horas; nese caso deberán cambiar a súa petición ou deixar unha das materias. Para realizar esta comprobación serán publicados proximamente os horarios na nosa web e taboleiros.
  • Aqueles alumnos que non formalicen a súa matrícula nestas datas perderán a praza e procederase a chamar ás persoas da lista de espera.
  • Por outra parte aquelas persoas que xa foron alumnos do noso centro EPA durante o curso pasado 2017-2018 e xa entregaron o sobre de matrícula non teñen que volver a pasar por secretaría por ter toda a documentación xa entregada.
    Nas materias comúns/troncais da quenda da mañá existirán 2 grupos formados según a 1ª letra do 1º apelido:

– GRUPO 1 → da letra A ata a letra L
– GRUPO 2 → da letra M ata a letra Z

Para ver a listaxe provisional de admitidos facede dobre-click no seguinte enlace:

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS BACH 2018 – 2019