Unha vez rematado todo o proceso de reserva de prazas, publicamos a listaxe provisional dos alumnos de bacharelato admitidos para o curso 2017-18.
- As persoas admitidas, que non foron alumnos do noso centro EPA no curso 2016-2017 deberán pasar pola secretaría do centro para formalizar a súa matrícula, no horario de 9:00 h. a 14:00 h, desde o día 21 ata o 26 de setembro como data máxima.
- Os alumnos deberán comprobar, antes de formalizar a súa matrícula, que as materias elexidas non coinciden ás mesmas horas; nese caso deberán cambiar a súa petición ou deixar unha das materias. Para realizar esta comprobación serán publicados proximamente os horarios na nosa web e taboleiros.
- Aqueles alumnos que non formalicen a súa matrícula nestas datas perderán a praza e procederase a chamar ás persoas da lista de espera.
- Por outra parte aquelas persoas que foron alumnos do noso centro EPA durante o curso pasado 2016-2017 e xa entregaron o sobre de matrícula non teñen que volver a pasar por secretaría por ter toda a documentación xa entregada.
Nas materias comúns/troncais da quenda da mañá existirán 2 grupos formados según a 1ª letra do 1º apelido:
– GRUPO 1 → da letra A ata a letra L
– GRUPO 2 → da letra M ata a letra Z
Para ver as listaxes provisional de admitidos facede dobre-click nos seguintes enlaces:
LISTADO PROVISIONAL ALUMNOS ADMITIDOS QUE DEBEN PRESENTAR MATRÍCULA
ANTIGOS ALUMNOS ADMITIDOS QUE XA ENTREGARON MATRÍCULA