BACHARELATO 2016-2017: LISTAXE PROVISIONAL ALUMNOS ADMITIDOS

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS BACHARELATO 2015-2016
Unha vez rematado todo o proceso de admisión, publicamos a listaxe de alumnos de 1º e 2º bacharelato admitidos para o curso 2016-17.
Os alumnos admitidos deberán pasar pola secretaría do centro para formalizar a súa matrícula, no horario de 9:00 h. a 14:00 h, desde hoxe mesmo, día 21 ata o 26 de setembro como data máxima.
Aqueles alumnos que non formalicen a súa matrícula nestas datas perderán a praza e procederase a chamar ás persoas da lista de espera.
Nas materias comúns/troncais da quenda da mañá existirán 2 grupos formados según a 1ª letra do 1º apelido:
                                 – GRUPO 1 → da letra A ata a letra L
                                 – GRUPO 2 → da letra M ata a letra Z

Para ver as listaxes de admitidos facede dobre-click nos seguintes enlaces:

                                           admitidos-prov-2o-bach

                                            admitidos-prov-1o-bach

Os alumnos comprobarán, antes de formalizar a súa matrícula, que as materias elexidas non coinciden ás mesmas horas; nese caso deberán cambiar a súa petición ou deixar unha das materias. Para realizar esta comprobación xa tedes publicados os horarios na nosa web e taboleiros.