BACHARELATO, curso 2014-2015: formalización matrícula alumnos admitidos

Recordade que todos os alumnos admitidos no Bacharelato tedes como data máxima para formalizar a matrícula, pasando pola secretaría do noso centro, desde o día 22 ata o próximo  26 de setembro. 

Aqueles alumnos que non formalicen a súa matrícula nestas datas perderán a praza e procederase a chamar ás persoas da lista de espera.