ALUMNOS TITULADOS BACHARELATO. (PAU 2016, Taxas,Certificados, Título,…)

–ALUMNOS BACHARELATO QUE VAN AS PAU 2016

  1. Deben pasar polo Departamento de Orientación para recoller as taxas para o depósito do título de Bacharelato e da matrícula das PAU (selectividade). Tamén se lles fará entregra da prematrícula onde o alumno marcará as materias das que quere examinarse. Este ano todos os avisos serán realizados mediante e-mail polo que os alumnos deberán indicar en secretaría á súa dirección de correo electrónico.
  2. Unha vez aboadas as taxas e coa prematrícula cuberta deben pasar pola Secretaría do 23 ao 26 de maio (ambos incluídos) para entregalas xunto con dúas copias do DNI.
  3. O día 27 de maio, de 10:00  a  12:00 da mañá, deberán pasar de novo pola Secretaría para revisar os datos contidos na súa matrícula, xa que as 13:00 horas de ese mesmo día, levarase toda a documentación ao LERD para a inscripción nas probas.
  4. O día 1 de xuño a partir das 12:00 horas, pasarán pola Secretaría para recoller a súa certificación académica, CELGA 4 de se-lo caso, a súa matrícula nas PAU, así como o calendario das probas e demais pasos a seguir (data de publicación das cualificacións, datas dos posibles recursos…etc).

 

–ALUMNOS BACHARELATO QUE NON VAN AS PAU

Pasarán pola Secretaría do 6 de xuño en diante, para recoller a taxa para o depósito do título de Bacharelato. Unha vez aboadas as taxas, terán que aportar o resgardo e dous días despois recollerán a súa certificación académica e CELGA 4 de se-lo caso.

–IMPORTE DAS TAXAS:

Título de Bacharelato: 49,82 euros.

Dereitos de exame das PAU: 63,67 euros
* Os alumnos que teñan a condición de familia numerosa, deberán aportar 2 copias do carné de Familia Numerosa en vigor e copia do libro de familia onde apareza o interesado, para aboar a metade do importe das taxas.

A Secretaría