ALUMNOS TITULADOS BACHARELATO. (PAU 2015, Taxas,Certificados, Título,…)

–ALUMNOS BACHARELATO QUE VAN AS PAU 2015

1. Deben pasar pola Secretaría  do 25 ao 28 de maio  para recoller as taxas para o depósito do título de Bacharelato e da matrícula das PAU (selectividade). Tamén se lles fará entregra da prematrícula onde o alumno marcará as materias das que quere examinarse. Este ano todos os avisos serán realizados mediante e-mail polo que os alumnos deberán indicar en secretaría á súa dirección de correo electrónico.
Unha vez aboadas as taxas e coa prematrícula cuberta deben pasar pola Secretaría para entregalas xunto con dúas copias do DNI.

2. O día 29 de maio, de 9 a 11 da mañá, deberán pasar de novo pola Secretaría para revisar os datos contidos na súa matrícula, xa que as 12,00 horas de ese mesmo día, levarase toda a documentación ao LERD para a inscripción nas probas.

3. O día 2 de xuño a partir das 12:00 horas, pasarán pola Secretaría para recoller a súa certificación académica, CELGA 4 de se-lo caso, a súa matrícula nas PAU, así como o calendario das probas e demais pasos a seguir (data de publicación das cualificacións, datas dos posibles recursos…etc).

–ALUMNOS BACHARELATO QUE NON VAN AS PAU

Pasarán pola Secretaría do 3 de xuño en diante, para recoller a taxa para o depósito do título de Bacharelato. Unha vez aboadas as taxas, terán que aportar o resgardo e dous días despois recollerán a súa certificación académica e CELGA 4 de se-lo caso.

–IMPORTE DAS TAXAS:

Título Bacharelato: 49´82 euros *
Dereitos de exame das PAU: 63´67 euros *
* Os alumnos que teñan a condición de familia numerosa, deberán aportar 2 copias do carné de Familia Numerosa en vigor e copia do libro de familia onde apareza o interesado, para aboar a metade do importe das taxas.

                                                                                     A Secretaría