ALUMNADO TITULADO DE 2º BACHARELATO: documentación ABAU, pago de taxas e recollida de certificación académica

1º) DOCUMENTACIÓN ABAU:  o alumnado que, unha vez coñecidas as notas, teña a intención de presentarse as ABAU deberá pasar, sin falta, por secretaría o martes 9 de xuño para recoller o impreso de pago de taxas e o impreso de matrícula ABAU.

Estes alumnos terán unha reunión on-line coa orientadora do noso centro, Begoña Iglesias, o mércores 10 de xuño a unha hora todavía por determinar para resolver todas as dúbidas sobre as ABAU.

Toda a documentación cuberta, taxas pagadas e a fotocopia do DNI deberán ser entregadas na secretaía os días 11 ou 12 de xuño como data máxima.

2º) PAGO DE TAXAS E RECOLLIDA DE CERTIFICACIÓN ACADÉMICA PARA OS ALUMNOS QUE NON VAN ÁS ABAU: o alumnado que non ten  intención de ir ás ABAU deberá pasar pola secretaría a partir do día 12 de xuño para recoller o impreso das Taxas de bacharelato que deberá pagar na entidade bancaria máis cercana para posteriormente entregar na secretaría o xustificante de pago das mesmas e poder , deste xeito, recoller a certificación académica.

A secretaría do EPA Río Lérez