Arquivos mensuais: Maio 2020

IMPORTANTE: ACTUALIZACIÓN CALENDARIO DE EXAMES SEMIPRESENCIAL 2º CUADRIMESTRE

TELEMÁTICAMENTE (co método acordado con cada profesor/ra)

Todo o alumnado que queira presentarse a estes exames ten a obriga de contactar co profesorado antes do 10 de xuño.

Luns  15-VI-20

EXAMES DE COMUNICACIÓN

  • 16:30h-18:30h   

           MÓDULO I e MÓDULO III

  • 19:00-21:00

           MÓDULO II e MÓDULO IV

Martes  16-VI-20

EXAMES DE C-T e SOC

  • 16:30h-19:00h   

           MÓDULO I e MÓDULO III

  • 19:30-22:00

          MÓDULO II e MÓDULO IV

 

Xefatura de estudos                                                                                                         02/Vi/2020       

PUBLICACIÓN NOTAS EXTRAORDINARIA ESA 1º CUADRIMESTRE, REVISIÓN E RECLAMACIÓNS

As notas estarán publicadas na nosa páxina o MARTES 2 de Xuño ás 12:30 horas.

REVISIÓN DE EXAMES ESA 1º CUADRIMESTRE

Mércores, 3 de xuño

O alumnado poderá contactar cos profesores dos diferentes ámbitos mediante correo electrónico ou telefónicamente.

Quenda da mañá: 10:30 a 12:00 horas

Quenda da tarde: 19:00 a 20:30 horas

As reclamacións poderán presentarse na secretaría do centro os días 3 e 4 de xuño no horario da mesma.

Xefatura de estudos                                                                                                29/V/2020

IMPORTANTE: DEPARTAMENTO DE LATÍN, GREGO E FILOSOFÍA. RECUPERACIÓNS 1º E 2ª AVALIACIÓNS E EXAMES FINAIS

RECUPERACIÓNS 1ª E 2ª AVALIACIÓNS E EXAMES FINAIS.EPA RÍO LÉREZ PONTEVEDRA. CURSO 2019-2020.

Os exames finais tanto de 1º como de 2º de Bacharelato realizaranse vía telemática nas horas que figuran no horario de exames da seguinte forma: o alumnado recibirá 5 minutos antes da hora indicada o exame por correo electrónico e realizarao na hora e media prescrita. Debe remitilo á dirección de correo electrónico da profesora, profecarmen.silva@gmail.com, como moito media hora máis tarde da hora indicada para o remate do exame. Para evitar posibles problemas de calquera natureza que impida a realización dos exames, convén que o alumnado solicitante de examen final, realice as seguintes tarefas que lle axudarán, por outra parte a preparar as probas. Estas tarefas deben ser remitidas á mesma dirección de correo electrónico arriba indicada nas datas que se indican en cada caso. Para 2º de bacharelato non mais alá do venres 5 de xuño.

HISTORIA DA FILOSOFÍA 2º BACH. QUENDAS DE MAÑÁ E TARDE.

Recuperación da 1ª avaliación:

  • Semana do 18 ó 22 de maio: realización do “exercicio a enviar ó titor” da 1ª quincena: comentario de texto filosófico sobre a idea de xustiza en Platón. No arquivo asociado, ademáis do texto a comentar, proporciónanse indicación para realizar o traballo.
  • Semana do 25-29 de maio: realización do “exercicio a enviar ó titor” da 3ª quincena: no arquivo adxunto atoparedes un texto de San Anselmo de Canterbury no que expón una das argumentacións de máis peso da filosofía medieval. Tratade de recoñecela e comparádea con outras probas sobre a mesma cuestión.

Recuperación da 2ª avaliación:

  • Semana do 1 ó 5 de xuño: realización do “exercicio a enviar ó titor” da 1ª quincena: comentario de texto filosófico sobre un texto de Maquiavelo que atoparedes no arquivo adxunto.

Todos os materiais necesarios para a realización destas tarefas podedes atopalos na plataforma do IES San Clemente de Santiago de Compostela que foi a ferramenta principal utilizada durante a etapa presencial que puidemos disfrutar no centro: https://guiasbac.iessanclemente.net/. Pinchando neste mesmo enlace ou nalgún dos tres anteriores podedes acceder á páxina. Non se terán en conta para a avaliación final as tarefas entregadas fóra dos prazos indicados. En calquera caso, serán de gran axuda para a realización das probas de setembro, que esperemos se poidan desenvolver xa de maneira presencial no centro.

LATÍN II. QUENDAS DE MAÑÁ E TARDE.

Recuperación da 1ª e 2ª avaliacións:

  • Semana do 18 ó 22 de maio: Exercitia de capitulum IX.
  • Semana do 25 ó 29 de maio: Exercitia de capitulum X.
  • Semana do 1 ó 5 de xuño: Exercitia de capitulum XI.

Os exercicios deben ser feitos de forma manuscrita e enviados á dirección de correo electrónico da profesora: profecarmen.silva@gmail.com, como arquivo adxunto en forma de fotografía.

GREGO II. QUENDAS DE MAÑÁ E TARDE.

As tarefas, no caso desta materia, serán personalizadas. O alumnado afectado debe poñerse en contacto coa profesora para recibir instruccións específicas para cada caso.

FILOSOFÍA 1º BACHARELATO. QUENDAS DE MAÑÁ E TARDE.

Recuperación da 1ª avaliación:

  • Semana do 25 ó 29 de maio: realización do “exercicio a enviar ó titor” da 1ª quincena: redacción clara e precisa de en que consistiu o nacemento da filosofía como paso do mito ó logos.
  • Semana do 1 ó 5 de xuño: realización do “exercicio a enviar ó titor” da 3ª quincena: consistente en tratar de responder á cuestión: é posible coñecer a verdade?.

Recuperación da 2ª avaliación:

  • Semana do 8 ó12 de xuño: realización do “exercicio a enviar ó titor” da 1ª quincena: consistente en responder unhas cuestións sobre un texto de Protágoras.

Todos os materiais necesarios para a realización destas tarefas podedes atopalos na plataforma do IES San Clemente de Santiago de Compostela que foi a ferramenta principal utilizada durante a etapa presencial que puidemos disfrutar no centro: https://guiasbac.iessanclemente.net/. Pinchando neste mesmo enlace ou nalgún dos tres anteriores podedes acceder á páxina. Non se terán en conta para a avaliación final as tarefas entregadas fóra dos prazos indicados. En calquera caso, serán de gran axuda para a realización das probas de setembro, que esperemos se poidan desenvolver xa de maneira presencial no centro.

LATÍN I. QUENDAS DE MAÑÁ E TARDE.

Recuperación da 1ª e 2ª avaliacións:

  • Semana do 18 ó 22 de maio: Exercitia de capitulum II.
  • Semana do 25 ó 29 de maio: Exercitia de capitulum III.
  • Semana do 1 ó 5 de xuño: Exercitia de capitulum IV.

Os exercicios deben ser feitos de forma manuscrita e enviados á dirección de correo electrónico da profesora: profecarmen.silva@gmail.com, como arquivo adxunto en forma de fotografía.

GREGO I. QUENDAS DE MAÑÁ E TARDE.

As tarefas, no caso desta materia, serán personalizadas. O alumnado afectado debe poñerse en contacto coa profesora para recibir instruccións específicas para cada caso.

 

Carmen Silva                                                                                               18/V/2020

 

EXAMES PENDENTES DE 1º DE BACHARELATO

Faremos os exames nas dúas quendas e co calendario seguinte:

Calendarios exames pendentes de 1º Bach.

O alumnado que desexe realizar dito exame ten a obriga de poñerse en contacto co profesor correspondente mediante correo electrónico antes do 22 de maio (Independentemente de que notificara ó centro por correo electrónico para anotarse para os exames)

Cada profesor informará ó alumnado da metodoloxía para realizar o exame da súa materia.

 

Xefatura de estudos                                                   Pontevedra, 18-V-2020

ESA PRESENCIAL: ORDINARIA 2º CUADRIMESTRE

O alumnado que desexe realizar dito exame ten a obriga de poñerse en contacto co profesor correspondente mediante correo electrónico antes do 5 de xuño.

Cada profesor informará ó alumnado da metodoloxía para realizar o exame da súa materia.

 

Xefatura de estudos                                                                                     Pontevedra, 11-V-2020

EXAMES EXTRAORDINARIA ESA SEMIPRESENCIAL 1º CUADRIMESTRE

ESA SEMIPRESENCIAL DO 1º CUADRIMESTRE

OS EXAMES REALIZARÉMOLOS O XOVES 28 DE MAIO.

Telemáticamente

  • 16:00 –18:30: C-T e SOC
  • 19:00 – 21:00: COM

O alumnado que desexe realizar dito exame ten a obriga de poñerse en contacto co profesor correspondente mediante correo electrónico antes do 22 de maio.

Cada profesor informará ó alumnado da metodoloxía para realizar o exame da súa materia.

Xefatura de estudos                                                                                     Pontevedra, 11-V-2020

2º BACHARELATO EXAMES AVALIACIÓN FINAL CURSO 2019-2020

O alumnado que desexe realizar dito exame ten a obriga de poñerse en contacto co profesor correspondente mediante correo electrónico antes do 22 de maio.

QUENDA DA MAÑÁ

QUENDA DA TARDE

Cada profesor informará ó alumnado da metodoloxía para realizar o exame da súa materia.

O Xefe de Estudos                                                                           Pontevedra, 11/V/20

1º BACHARELATO EXAMES AVALIACIÓN FINAL CURSO 2019-2020

O alumnado que desexe realizar dito exame ten a obriga de poñerse en contacto co profesor correspondente mediante correo electrónico antes do 5 de xuño.

QUENDA DA MAÑÁ

QUENDA DA TARDE

Cada profesor informará ó alumnado da metodoloxía para realizar o exame da súa materia.

 

O Xefe de Estudos                                                                        Pontevedra, 11/V/2020

CRITERIOS DE AVALIACIÓN. Departamento de Xeografía e Historia

 

AVALIACIÓN FINAL XUÑO. BACHARELATO. Podedes descargar un PDF dende as carpetas das diferentes asignaturas cos criterios de avaliación e recuperación na convocatoria de xunio, ou tamén AQUI.

 

 AVALIACIÓN XUÑO. ESA SEMIPRESENCIAL:  Ante a imposibilidade de facer exames presenciais, e considerando que as probas telemáticas non permiten garantir a limpeza do proceso e poderían ser discriminatorias para o alumnado que non dispoña dos medios técnicos adecuados para realizalas, o Departamento ofrece a posibilidade de facer traballos escritos seguindo as pautas que se indicaran para cada curso aos alumnos que se poñan en contacto por correo cos seus profesores.