Arquivos mensuais: Marzo 2020

AVALIACIÓNS FINAIS DE 1º e 2º BACHARELATO: DIFERENTES OPCIÓNS PARA EXAMINARSE

Ante a proximidade do remate do curso para os alumnos de 1º e 2º de bacharelato, queremos informar das diferentes posibilidades que existen para aqueles alumnos que teñen materias de 1º e de 2º BACH. No seguinte esquema explicamos todas as posibilidades que tedes para titular según as datas que elixades para facer os vosos exames. Do mesmo xeito deixámosvos un enlace para que poidades descargar o mesmo documento en .pdf:

                                                TITULACIÓN 2º BACH. curso 2019 – 2020

Non dubidedes en consultar cos membros do equipo directivo calquera cuestión relativa a este tema.

Un saúdo e xa sabedes …..     “# QUÉDATE NA CASA”

ALUMNOS CON MATERIAS PENDENTES DE 1º BACHARELATO

CANCELADA A CONVOCATORIA NAS DATAS INDICADAS E Á ESPERA DAS ALTERNATIVAS QUE PLANTEXE A CONSELLERÍA

O alumnado de 2º de Bacharelato con materias pendentes de 1º QUE QUEIRAN TITULAR EN MAIO (para presentarse  ás ABAU , matrícula en Ciclos, etc.) teñen que realizar os exames das materias pendentes de 1º os días 20, 21 e 22 de abril no calendario que se establecerá para os mesmos.

Ditos alumnos teñen que anotarse para a realización dos exames na listaxe que con dita finalidade estará na conserxería  ate o venres 10 de abril.
Por mor do peche do centro ordeado pola Consellería o alumnado poderá anotarse chamando por teléfono (886 159 421) no horario de 10:00 a 13:00 ou mandando un correo electrónico (epa.rio.lerez@edu.xunta.es)  indicando no asunto: Exames pendentes 1º Bacharelato e no contido: os datos do alumno e a materia ou materias pendentes de 1º nas que se quere anotar.

Os alumnos que non se anoten non poderán facer os exames.

Na sección de novas (e no taboleiro da clase) podedes ver o documento que explica todas as posibles opcions que tedes neste curso.

Xefatura de estudos                                                      13/III/2020