Arquivos mensuais: Marzo 2019

ALUMNOS CON MATERIAS PENDENTES DE 1º BACHARELATO

O alumnado de 2º de Bacharelato con materias pendentes de 1º que queiran titular en maio (para presentarse  ás ABAU) teñen que realizar os exames das materias pendentes de 1º os días 25 e 26 de abril no calendario que se establecerá para os mesmos.

Ditos alumnos teñen que anotarse para a realización dos mesmos na listaxe que con dita finalidade estará na conserxería  ate o martes 16 de abril.

Os alumnos que non se anoten non poderán facer os exames.

Na sección de novas (e no taboleiro da clase) tedes o documento que explica todas as posibles opcions que tedes neste curso.

Xefatura de estudos                                                      25/III/18

Alumnos de Educación Física 1º BACH- EXAME

O exame de Educación Física será coas preguntas tipo test que aparecen para cada un dos cuatro temas da 2°Avaliación: “Realizar cuestionario” 

Nestos 4 tests vemos 20 cuestións para cada un. En total son 80 preguntas. Fixádevos en que cada test ten 2 páxinas con 10 preguntas en cada páxina. Para obter as solucións clicas en “enviar” cuestionario. 

As respostas non van ir na mesma orde que presenta o portal, polo que debes aprender as preguntas e as respostas. 

 Para cualquiera dúbida escribe un correo á profesora entrando na páxina web da EPA sección “departamentos” e en “ciencias naturais”  clicando no icono de correo electrónico para Raquel Torrado.

PUBLICACIÓN NOTAS EXTRAORDINARIA ESA 1º CUADRIMESTRE E REVISIÓN DE EXAMES

As notas estarán publicadas na nosa páxina o venres 15 ás 18:00 horas.

REVISIÓN DE EXAMES ESA 1º CUADRIMESTRE

Luns, 18 de marzo

ESA MAÑÁ (Presencial e distancia):

Dende as 11:30 até as 13:00 horas

ESA TARDE (Presencial e distancia):

Dende as 19:00 até as 20:30 horas

Nota: Os titores DE PRESENCIAL entregarán os boletíns na aula do grupo no seguinte horario:

ESA MAÑÁ: 11:00 horas

ESA TARDE: 18:30 horas

Os boletíns dos alumnos que non o recollan quedarán na conserxería.

Xefatura de estudos                                                                 11/III/2019