Arquivos mensuais: Xaneiro 2019

DATAS PROBAS LIBRES GRADUADO EDUCACIÓN SECUNDARIA 2019

A Consellería de Educación informa na súa páxina web que as datas previstas para a celebración das Probas Libres para a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria para maiores de dezaoito anos neste ano 2019 son:

-Primeira convocatoria:  exame 24 de maio.       Período de inscrición: do 11 ao 22 de marzo de 2019.

-Segunda convocatoria:  exame 06 de setembro.    Período de inscrición: do 1 ao 8 de xullo de 2019.

Importante: ESA SEMIPRESENCIAL: Renuncia convocatoria extraordinaria 1º Cuadrimestre (exame 13/03/2019)

ALUMNOS DE ESA SEMIPRESENCIAL MATRICULADOS NO 1º CUADRIMESTRE E QUE SUSPENDAN ALGÚN ÁMBITO NA CONVOCATORIA ORDINARIA (XANEIRO 2019):

“UN ALUMNO MATRICULADO EN ESA SEMIPRESENCIAL NO 1º CUADRIMESTRE QUE NON SUPEROU ALGÚN ÁMBITO NA CONVOCATORIA ORDINARIA DE XANEIRO, PODERÁ MATRICULARSE DE ESE ÁMBITO NO 2º CUADRIMESTRE SE RENUNCIA Á CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA QUE SE REALIZARÁ O MÉRCORES 13 DE MARZO. SÓ ASÍ PODERÁ PRESENTARSE ÁS CONVOCATORIAS DO 2º CUADRIMESTRE (EN XUÑO E EN SETEMBRO)”.

-Nota 1: os alumnos que ainda non renunciaran e desexen renunciar á convocatoria extraordinaria deberán pasar pola secretaría co resgardo de matrícula desde o día 25 de xaneiro  ata o 6 de febreiro de 2019.

-Nota 2: os alumnos que xa teñan firmado o impreso de renuncia e desexen invalidalo para así poder facer o examen extraordinario deberán pasar pola secretaría para facer a xestión desde o día 25 de xaneiro  ata o 6 de febreiro de 2019.

Publicación de notas e revisión de exames ESA

As notas estarán publicadas na nosa páxina o martes 29 ás 20:00 horas

REVISIÓN DE EXAMES ESA 1º CUADRIMESTRE

Mércores, 30 de Xaneiro

ESA MAÑÁ (Presencial e distancia):

Dende as 11:30 até as 13:00 horas

ESA TARDE (Presencial e distancia):

Dende as 19:00 até as 20:30 horas

Nota: Os titores dos grupos de presencial entregarán os boletíns na aula do grupo no seguinte horario:


ESA MAÑÁ: 11:00 horas ESA TARDE: 18:30 horas

Xefatura de estudos 23/01/2019