Arquivos mensuais: Outubro 2018

IMPORTANTE: EXAMES DO 1º BIMESTRE DA ESA SEMIPRESENCIAL

Logo de analizar os resultados da enquisa realizada no remate do curso pasado entre o alumnado sobre a súa preferencia para a realización dos exames, neste curso vamos realizar unha modificación significativa e teremos os exames de cada módulo en dous días distintos.

Así o martes 13 de novembro faremos únicamente os exames de Comunicación e o mércores 14 de novembro faremos os de Científico-Tecnolóxico e o de Sociedade.

O horario é o que podedes ver nesta imaxe:

Horario dos exames de semipresencial 1º bimestre

Horario dos exames de semipresencial 1º bimestre

Recordade que o exame do ámbito de comunicación está formado por un exame de lingua galega e castelán e outro do idioma que teñades.

Para poder ser avaliado do ámbito de comunicación tedes que entregar os dous exames.

O alumno que non o faga será calificado con NP.

 

Xefatura de estudos                                                                                           11/XI/18