Arquivos mensuais: Setembro 2018

Cualificacións Definitivas PROBA LIBRE (Setembro 2018)

TRIBUNAL : EPA Río Lérez

Xa están dispoñibles as cualificacións definitivas da PROBA LIBRE da ESO correspondentes á convocatoria extraordinaria de SETEMBRO 2018.

Podedes consultalas facendo dobre click directamente sobre os enlaces colocados a continuación:

CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS PROBA LIBRE SETEMBRO 2018 (grupo A)

CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS PROBA LIBRE SETEMBRO 2018 8grupo X)

BACHARELATO: PRESENTACIÓN e INICIO CURSO 2018-2019

PRESENTACIÓN e INICIO CURSO 2018-2019: BACHARELATO

O próximo venres, 28 de setembro, realizaremos a presentación do bacharelato para este curso 2018/19 no seguinte horario:

11:00 HORAS–> presentación BACHARELATO MAÑÁ (1º e 2º)

17:30 HORAS–> presentación BACHARELATO TARDE (1º e 2º)

As clases comezarán o luns, día 01 de outubro, nos seus horarios respectivos.

(Os horarios de cada grupo están expostos nos taboleiros da zona de conserxería e na nosa páxina web).

Comprobade que non se producen coincidencias no voso horario ou pasade por secretaría para solucionar a situación.

TODO O ALUMNADO PROCEDENTE DOUTROS CENTROS QUE FIXO RESERVA E QUE SAIA NA LISTAXE DE ADMITIDOS PARA ESTE CURSO TERÁ QUE CONFIRMAR A MATRÍCULA ENTREGANDO O SOBRE NA SECRETARÍA.

                                       a secretaría.

PRESENTACIÓN e INICIO CURSO 2018-2019: ESA, NIVEL I, NIVEL II e MATERIAS NON REGRADAS

O próximo luns, 24 de setembro, realizaremos a presentación do curso 2018/19  nos seguintes horario:

11:00 HORAS–> ESA PRESENCIAL MAÑÁ(1º e 3º)

17:30 HORAS–> ESA PRESENCIAL TARDE (1º e 3º)

As clases de EBI I, EBI II e MATERIAS NON REGRADAS comezarán o mesmo luns 24, nos seus horarios respectivos.

As clases de ESA SEMIPRESENCIAL impartiranse a partir do luns 24, nos seus horarios respectivos.

(Os horarios de cada grupo están expostos nos taboleiros da zona de conserxería e na web do centro).

a secretaría.

BACHARELATO 2018-2019: LISTAXE PROVISIONAL ALUMNOS ADMITIDOS

Unha vez rematado todo o proceso de reserva de prazas, publicamos a listaxe provisional dos alumnos de bacharelato admitidos para o curso 2018-19.

  • As persoas admitidas, que non foron alumnos do noso centro EPA  no curso 2017-2018 deberán pasar pola secretaría do centro para formalizar a súa matrícula, no horario de 9:00 h. a 14:00 h, desde o día 19 ata o 25 de setembro como data máxima.
  • Os alumnos deberán comprobar, antes de formalizar a súa matrícula, que as materias elexidas non coinciden ás mesmas horas; nese caso deberán cambiar a súa petición ou deixar unha das materias. Para realizar esta comprobación serán publicados proximamente os horarios na nosa web e taboleiros.
  • Aqueles alumnos que non formalicen a súa matrícula nestas datas perderán a praza e procederase a chamar ás persoas da lista de espera.
  • Por outra parte aquelas persoas que xa foron alumnos do noso centro EPA durante o curso pasado 2017-2018 e xa entregaron o sobre de matrícula non teñen que volver a pasar por secretaría por ter toda a documentación xa entregada.
    Nas materias comúns/troncais da quenda da mañá existirán 2 grupos formados según a 1ª letra do 1º apelido:

– GRUPO 1 → da letra A ata a letra L
– GRUPO 2 → da letra M ata a letra Z

Para ver a listaxe provisional de admitidos facede dobre-click no seguinte enlace:

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS BACH 2018 – 2019

 

Cualificacións Provisionais Probas Libres (Setembro 2018)

TRIBUNAL : EPA Río Lérez

Xa están dispoñibles as cualificacións provisionais das PROBAS LIBRES da ESO correspondentes á convocatoria extraordinaria de SETEMBRO 2018.

Podedes consultalas facendo dobre click directamente sobre os enlaces colocados a continuación:

Cualificacións Provisionais Setembro 2018 (Grupo A)

Cualificacións Provisionais Setembro 2018 (Grupo X)

Prazo reclamacións: do 13 ao 18 de setembro (de 9:00 h ata 14:00 h)