Arquivos mensuais: Xuño 2018

EXAMES SETEMBRO 2º DE BACHARELATO

IMPORTANTE

Os alumnos de Relixión teñen unha reunión co profesor o luns 3 na aula 12 ás 9:30 horas.

Os exames de setembro son nunha única quenda e polo tanto só temos unha sesión asignada tanto para os alumnos da mañá coma para os da tarde.

ALUMNOS CON MATERIA PENDENTES DE 1º

Farán os exames no calendario establecido para os alumnos de 1º de bacharelato.

Os alumnos que teñan coincidencias entre os exames das materias de 2º e os das materias de primeiro, teñen que facer o examen da materia de segundo no horario indicado e presentarse ao exame DAS MATERIAS DE 1º en coincidencias o martes 4, na aula 13 e no horario que, dependendo dos exames que se teñan que realizar, poderá ser dende as 17:30 até ás 22:00. (O horario exacto será publicado o venres 31de agosto pola tarde)

Para poder facer os exames de primeiro de coincidencias é obrigatorio anotarse na folla que estará na conserxería do centro.

Data límite para anotarse o venres 31 de agosto ás 11:00 horas da mañá.

Os alumnos que non se anoten non poderán facer os exames de coincidencias.

Recordade que o centro estará aberto de 10:00 a 13:00 no meses de xullo e agosto.

Podedes chamar para anotarvos, indicando nome e apelidos, grupo e quenda, materia de 2º e materia de 1º coa que vos coincide o exame.

NOTAS: Publicadas na páxina do centro o MÉRCORES 5 ás 12:00 horas.

REVISIÓN DE EXAMES: MÉRCORES 5, de 12:00 a 13:30 horas.

RECLAMACIÓNS: Días 5 e 6 de setembro até as 14:00 horas.

 

O Xefe de Estudos                                                                 Pontevedra, 30-VIII-18

NOTAS, REVISIÓN DE EXAMES E RECLAMACIÓNS ORDINAIRA ESA E 1º DE BACHARELATO

Publicación de notas: venres 22 ás 20:30

REVISIÓN DE EXAMES: Luns 25

Quenda de mañá: 10:00 – 11:30

Quenda de tarde: 18:00 – 19:30

Os titores dos grupos da ESA presencial entregarán os boletíns na aula do grupo o luns 25 nos primeiros 15 minutos do período establecido para a revisión dos exames.

RECLAMACIÓNS: Luns 25 e martes 26.

 

Xefatura de estudos                                                    13/VI/18