Arquivos mensuais: Abril 2018

LISTADO DEFINITIVO ADMITIDOS PROBA LIBRE ESA 2018 (Exame 25/05/2018)

Unha vez finalizado o prazo de reclamacións e atendidas todas elas, facemos público o Listado Definitivo de alumnos admitidos para a realización das Probas Libres de Educación Secundaria 2018 (alumnos que formalizaron a súa matrícula no noso centro EPA Río Lérez).
Como sabedes a data dos exames é o próximo 25 de maio, e a realización dos mesmos será no centro donde cada alumno realizou a súa matrícula.
Para ver o listado de admitidos facede “dobre click” sobre o seguinte enlace:

Listado Definitivo Admitidos Proba Libre Maio 2018

 

LISTADO PROVISIONAL ADMITIDOS PROBA LIBRE ESA 2018 (Exame 25/05/2018)

Facemos público o listado provisional de alumnos admitidos para a realización das Probas Libres de Educación Secundaria 2018 (alumnos que formalizaron a súa matrícula no noso centro EPA Río Lérez).
Como sabedes a data dos exames é o próximo 25 de maio, e a realización dos mesmos será no centro donde cada alumno realizou a súa matrícula.
Para ver o listado de admitidos facede “dobre click” sobre o seguinte enlace:

Listado Provisional Admitidos Proba Libre Maio 2018

  • Datas de reclamacións: 23, 24 e 25 de abril.

(As reclamacións deberán presentarse na secretaría do noso centro no horario de apertura ao público: 9:00 h a 14:00 h.)

EXAMES 2º BACHARELATO 3ª AVALIACIÓN E FINAL

Como podedes observar no calendario de bacharelato os exames da 3ª avaliación e da final son un pouco complexos, tendo en conta que deixamos dúas xornadas entre os exames da 3ª e os da final e que temos tamén o día 17 que, como sabedes, é festivo.

Os exames da final están pensados para aqueles alumnos que suspenderan algunha das avaliacións ou que perderan o dereito de asistencia a clase e de avaliación continua.

Calendario exames de 2º Bacharelato da quenda da mañá

Exames de 2º Bacharelato Mañá

Exames de 2º Bacharelato Mañá

Calendario exames de 2º Bacharelato da quenda da tarde

Exames 2º Bach. Tarde

Exames 2º Bach. Tarde

Xefatura de estudos                                                              16/IV/2018

Recordatorio sobre as cualificacións do ámbito C-T no 1º Bimestre

Os profesores do Ámbito Científico Tecnolóxico queremos recordarvos  que os alumnos e alumnas que obteñan unha cualificación no exame do 1º Bimestre do ámbito Científico Tecnolóxico de 4 ou superior,  só terán que examinarse das unidades didácticas correspondentes ao 2º bimestre cando sexa o exame final de xuño.

Polo contrario,  aqueles alumn@s que no exame de C-T  do 1º Bimestre obteñan unha cualificación menor de 4, terán que examinarse no exame final de xuño de todas as unidades didácticas (as do 1º bimestre e as do 2º bimestre).

Recordade tamén que as notas serán publicadas o próximo martes 17 as 20:00 h.