Arquivos mensuais: Febreiro 2018

Curso de perfeccionamento de Galego

Neste 2º cuadrimestre que iniciamos hoxe 19 de febreiro temos, como novidade, un curso de perfeccionamento de galego.

Deste xeito damos continuidade ó curso de iniciación de galego que iniciamos no 1º cuadrimestre e que voltamos a dar neste 2º.

O curso de iniciación é todos os luns de 10:45 ate as 12:15 na aula de informática.

O de perfeccionamento tamén os luns de 12:15 ate as 13:45 e tamén na aula de informática.

Para poder asistir hai que matricularse, pedindo o sobre na conserxería.

Aproveitade que ainda quedan prazas.

 

Xefatura de estudos

 

EXAMES EXTRAORDINARIA ESA PRESENCIAL 1º CUADRIMESTRE

Os exames terán lugar nas datas que mostra a imaxe:

 

Como podedes comprobar, van ser na aula e no día que tedes a clase de recuperación de cada ámbito.

É obrigatorio asistir a distas clases e o exame.

Para os ámbitos que se suspendan teredes que esperar a setembro para renovar a matrícula, xa para o curso 18-19.

Xefatura de estudos                                                                                        19/II/2018

EXAMES EXTRAORDINARIA ESA SEMIPRESENCIAL 1º CUADRIMESTRE

MARTES 13 DE MARZO

LUGAR: AULA 6 (4º andar)

16:00 –18:30: C-T e SOC

19:00 – 21:00: COM

IMPORTANTE: Só se poden presentar a estes exames os alumnos que non teñan cuberto e firmado o impreso de renuncia no momento da matrícula ou que pasen por secretaría para retirar dito impreso e confirmar que van facer os exames.

Xefatura de estudos                                                       Pontevedra, 19-II-2018

Listaxe de alumnos de 4º Presencial da mañá

Ainda que onte tivemos unha reunión para explicar como quedaba o grupo de 4º presencial da mañá, vos engado a listaxe:

Listaxe alumnos de grupo

Listaxe alumnos do grupo

Os alumnos desta listaxe non tedes que pasar por secretaría para nada.

Si tedes ámbitos suspensos de 3º teredes que asistir obrigatoriamente ás clases de recuperación que teremos no horario que xa podedes ver na nosa páxina e presentarvos ós exames extraordinarios que se farán nas datas que xa vos indicaremos.

Tamén tedes que asístir ás clases de todos os ámbitos de 4º.

O alumnado que non aparece na listaxe ten que pasar pola secretaría do centro obrigatoriamente, onde lle explicarán o que ten que facer.

 

Xefatura de estudos                                                      09/II/2018