Arquivos mensuais: Xaneiro 2018

DATAS PROBAS LIBRES GRADUADO EDUCACIÓN SECUNDARIA 2018

A Consellería de Educación informa na súa páxina web que as datas previstas para a celebración das Probas Libres para a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria para maiores de dezaoito anos neste ano 2018 son:

-Primeira convocatoria:  25 de maio.   ⇒    Período de inscrición: do 12 ao 23 de marzo de 2018.

-Segunda convocatoria:  07 de setembro.  ⇒  Período de inscrición: do 2 ao 9 de xullo de 2018.

Importante: ESA SEMIPRESENCIAL: Renuncia convocatoria extraordinaria 1º Cuadrimestre (13/03/2018)

ALUMNOS DE ESA SEMIPRESENCIAL MATRICULADOS NO 1º CUADRIMESTRE E QUE SUSPENDAN ALGÚN ÁMBITO NA CONVOCATORIA ORDINARIA (XANEIRO):

“UN ALUMNO MATRICULADO EN ESA SEMIPRESENCIAL NO 1º CUADRIMESTRE QUE NON SUPEROU ALGÚN ÁMBITO NA CONVOCATORIA ORDINARIA DE XANEIRO, PODERÁ MATRICULARSE DE ESE ÁMBITO NO SEGUNDO CUADRIMESTRE SE RENUNCIA Á CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA QUE SE REALIZARÁ O MARTES 13 DE MARZO. SÓ ASÍ PODERÁ PRESENTARSE ÁS CONVOCATORIAS DO SEGUNDO CUADRIMESTRE (EN XUÑO E EN SETEMBRO)”.

-Nota 1: os alumnos que ainda non renunciaran e desexen renunciar á convocatoria extraordinaria deberán pasar pola secretaría co resgardo de matrícula desde o día 7  ata o 16 de febreiro de 2017.

-Nota 2: os alumnos que xa teñan firmado o impreso de renuncia e desexen invalidalo para así poder facer o examen extraordinario deberán pasar pola secretaría para facer a xestión desde o día 7  ata o 16 de febreiro de 2017.

-Nota 3Lembrade que os días 12, 13 e 14 de febreiro celébranse as festas de carnaval e, aínda que non haberá clases, a secretaría do centro abrirá o luns 12 e martes 13 en horario de 10:00 a 13:00 h.

Publicación notas ESA e revisión de exames

  • PUBLICACIÓN DE NOTAS

As notas estarán dispoñibles na nosa páxina dende as 20:00 horas do martes 6 de febreiro.

Ir a VER NOTAS

Para os alumnos de 4º que teñan o mesmo ámbito de 3º ( o que chamamos matrícula ampliada) publicaremos unha listaxe coa nota de 4º e se titula ou non ás 21:30 do martes 6 de febreiro.

Os alumnos de presencial recollerán o boletín de notas na súa aula o mércores 7 de febreiro no seguinte horario:

ESA MAÑÁ: 11:00 horas

ESA TARDE: 18:30 horas

Os boletíns dos alumnos que non o recollan quedarán na conserxería.

  • REVISIÓN DE EXAMES: Mércores 7 de febreiro

O alumnado que precise ver o seu exame poderá facelo no seguinte horario:

ESA MAÑÁ (Presencial e distancia):

Dende as 11:30 até as 13:00 horas

ESA TARDE (Presencial e distancia):

Dende as 19:00 até as 20:30 horas.

Para solicitar dita revisión contactar na entrada da sala de profesores (3º andar) co xefe de estudos.

  • RECLAMACIÓNS

O alumnado que desexe presentar unha reclamación pola nota en calquera ámbito poderá facelo os días 7 e 8 de febreiro en horario de secretaría, onde teredes que presentar o impreso de reclamación (o podedes solicitar na conserxería).

 

Xefatura de estudos                                                                                         30/I/2018

Criterios de selección para a formación do grupo de 4º Presencial da mañá

Para seleccionar ós alumnos que formarán parte do único grupo de 4º Presencial da mañá (un total de 30-32 alumnos) que teremos no segundo cuadrimestre, aplicaremos os seguintes criterios:

1º: Alumnos con todos os ámbitos aprobados de 3º ou 1º.

Si nos quedan prazas:

2º: Alumnos con un só ámbito suspenso.

Si nos quedan prazas:

3º: Alumnos que solicitaron praza para comezar no 2º cuadrimestre en 4º Presencial mañá.

Si nos quedan prazas:

4º: Alumnos con 2 ámbitos suspensos.

xoves 8 de febreiro ás 11:30 horas, faremos unha reunión na aula 11 (3º andar) para informar dos alumnos que formarán parte do grupo de 4º Presencial mañá así como das alternativas propostas para o resto do alumnado que agora cursa 3º Presencial mañá.

Os alumnos con todo aprobado de 3º xa van a ser alumnos de 4º, polo que non precisan asistir a dita reunión.

En calquera caso os alumnos que teñan ámbitos suspensos teñen a obriga de presentarse ao exame extraordinario que terá lugar nas datas que se notificarán con tempo.

Estes alumnos terán unha clase semanal de recuperación para preparar dito exame. O horario destas clases será publicado no inicio do 2º cuadrimestre (19 de febreiro) e será de aplicación ata o día 12 de marzo.

Tamén asistirán ás clases dos ámbitos de 4º ainda que a matrícula só se fará efectiva logo de ter aprobado o exame extraordinario.

Posteriormente estas clases serán de reforzo para os mesmos ámbitos de 4º segundo a recomendación de Departamento de Orientación.

 

Xefatura de estudos                                                        30/I/2018