Arquivos mensuais: Novembro 2017

IMPORTANTE: NOTAS DE ALUMNOS DE 4º SEMIPRESENCIAL CON MATRÍCULA AMPLIADA

Os alumnos/as que decidiron cursar o mesmo ámbito de 3º e 4º xa que poden titular de este xeito neste cuadrimestre non poden ver (polo procedemento normal de ir a ver notas) a nota de 4º para o ámbito que teñen tamén en 3º.

Para evitar que teñades que estar a preguntar publicamos esta listaxe coas notas correspondes ó ámbito de 4º (as que non se poden ver)

Si tedes calquera dúbida consultar co profesor ou profesores nas horas de titoría telefónica.

Quenda da mañá:

 

 

Quenda de tarde:

 

Xefatura de estudos

Celebración do magosto

O próximo xoves 16  dende as 19:00 horas vamos festexar o magosto.

Teremos un pouco de música e algunha cousiña para picar e beber.

Estades todos convidados a participar, tamén antigos alumnos e profesores.

O que queira pode traer algún postre caseiro ou algo típico destas festas.

Vémonos na festa!

 

 

 

 

Ámbito Científico-Tecnolóxico 1º ESA SEMIPRESENCIAL : Exame 1º BIMESTRE

O grupo de profesores que impartimos clases  do ámbito C-T no 1º ESA SEMIPRESENCIAL, na quenda da mañá e na quenda da tarde, queremos recordarvos que o reparto das oito unidades didácticas nos dous bimestres é o seguinte:

1º BIMESTRE ⇒ unidade 1, unidade 4, unidade 5 e unidade 6. (exame de novembro)

2º BIMESTRE ⇒ unidade 2, unidade 3, unidade 7 e unidade 8.