Arquivos mensuais: Setembro 2017

BACHARELATO 2017-2018: LISTAXE DEFINITIVO ALUMNOS ADMITIDOS

Publicamos a listaxe DEFINITIVA dos alumnos de bacharelato admitidos para o curso 2017-18

Recordade que nas materias comúns/troncais da quenda da mañá existirán 2 grupos formados según a 1ª letra do 1º apelido:

– GRUPO 1 → da letra A ata a letra L
– GRUPO 2 → da letra M ata a letra Z

Para ver as listaxes provisional de admitidos facede dobre-click nos seguintes enlaces:

LISTADO DEFINITIVO ALUMNOS ADMITIDOS BACHILLERATO

Clases de preparación acceso a ciclo de grao superior

Como podedes ver no horario hai materias nomeadas coa expresión 1/2 diante do nome da materia.

É así por que esas clases non son cada semana.

Só vades a ter clase nos días que aparecen en azul no calendario que podedes ver  no enlace

Calendario coas horas quincenais

Como podedes ver a primeira semana das clases con 1/2 será a que vai do luns 9 de outubro ate o 11 xa que xoves e venres son festivos.

 

Xefatura de estudos                                                                           28/09/2017

Rexistro na aula virtual do centro

Recordade que no inicio de cada curso facemos unha limpeza da base de datos da aula virtual.

Todos os usuarios son eliminados polo que neste curso teredes que rexistrarvos novamente.

O procedemento e condicións para o rexistro  así como os enlaces aos diferentes niveis da ESA os  atopades neste documento

 

Administrador aula virtual

MATRICULA BACHARELATO 2017-2018: último día!!!

MAÑÁ, MARTES 26 DE SETEMBRO, É O ÚLTIMO DÍA PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA !!!

Os alumnos que figuran no listado provisional de admitidos deberán pasar pola secretaría do centro para formalizar a súa matrícula, no horario de 9:00 h. a 14:00 h, desde o día 21 ata o 26 de setembro como data máxima.

Aqueles alumnos que non formalicen a súa matrícula nestas datas perderán a praza e procederase a chamar ás persoas da lista de espera.

PROBAS LIBRES (setembro 2017): CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS

Hoxe, 21 de setembro, unha vez revisadas todas as reclamacións, publícanse as cualificacións definitivas das PROBAS LIBRES da ESO correspondentes á convocatoria de setembro 2017. Todo o alumnado  pode acceder directamente ás notas  facendo click nos seguintes enlace:

Cualificacións Definitivas P.L. setembro 2017- matriculados en xullo

Cualificacións Definitivas P.L. setembro 2017- matriculados en marzo

ou ben na páxina web de Ensinanzas de Adultos da Consellería de Educación.

 

 

IMPORTANTE: XIMNASIA DE MANTEMENTO

Novidade para a xente con gañas de facer exercicio físico e manterse en forma.

O centro oferta para este curso tamén unha ensinanza non regrada de ximnasia de mantemento.

Horario:

Luns de 17:30 a 19:00

Aproveita que somentes ofertamos 20 prazas por riguroso orde de entrega do sobre de matrícula na secretaría do centro.

BACHARELATO 2017-2018: LISTAXE PROVISIONAL ALUMNOS ADMITIDOS

Unha vez rematado todo o proceso de reserva de prazas, publicamos a listaxe provisional dos alumnos de bacharelato admitidos para o curso 2017-18.

  • As persoas admitidas, que non foron alumnos do noso centro EPA  no curso 2016-2017 deberán pasar pola secretaría do centro para formalizar a súa matrícula, no horario de 9:00 h. a 14:00 h, desde o día 21 ata o 26 de setembro como data máxima.
  • Os alumnos deberán comprobar, antes de formalizar a súa matrícula, que as materias elexidas non coinciden ás mesmas horas; nese caso deberán cambiar a súa petición ou deixar unha das materias. Para realizar esta comprobación serán publicados proximamente os horarios na nosa web e taboleiros.
  • Aqueles alumnos que non formalicen a súa matrícula nestas datas perderán a praza e procederase a chamar ás persoas da lista de espera.
  • Por outra parte aquelas persoas que foron alumnos do noso centro EPA durante o curso pasado 2016-2017 e xa entregaron o sobre de matrícula non teñen que volver a pasar por secretaría por ter toda a documentación xa entregada.
    Nas materias comúns/troncais da quenda da mañá existirán 2 grupos formados según a 1ª letra do 1º apelido:

– GRUPO 1 → da letra A ata a letra L
– GRUPO 2 → da letra M ata a letra Z

Para ver as listaxes provisional de admitidos facede dobre-click nos seguintes enlaces:

LISTADO PROVISIONAL ALUMNOS ADMITIDOS QUE DEBEN PRESENTAR MATRÍCULA

ANTIGOS ALUMNOS ADMITIDOS QUE XA ENTREGARON MATRÍCULA

 

INICIO DE CLASES DE BACHARELATO

Presentación o venres 29.

Quenda da Mañá: ás 11:30 horas no salón de actos (1º andar)

Quenda de Tarde: ás 17:30 horas no salón de actos (1º andar)

INICIO DE CLASES DE BACHARELATO: o luns 2 de outubro.

Nota:

Os horarios para este curso estarán publicados na nosa páxina e nos taboeiros do centro dende o venres 22 de setembro.

Comprobade que non se producen coincidencias no voso horario ou pasade por secretaría para solucionar a situación.

TODO O ALUMNADO PROCEDENTE DOUTROS CENTROS QUE FIXO RESERVA E QUE SAIA NA LISTAXE DE ADMITIDOS PARA ESTE CURSO TERÁ QUE CONFIRMAR A MATRÍCULA ENTREGANDO O SOBRE NA SECRETARÍA.

 

Xefatura de estudos                                                                         12/IX/2017