Arquivos mensuais: Setembro 2016

Contidos e materiais para a ESA semipresencial (distancia) 1º cuadrimestre

Como seguramente xa tedes comprobado, o noso enlace a Temarios non está operativo.

Cada profesor vos indicará os contidos e os materiais que vades empregar.

Tedes o teléfono indicado na hora de titoría telemática para facer calquera consulta.

No menú temos acceso aos ámbitos ESA:

Científico

Comunicación

Sociedade

O profesorado de cada ámbito colocará os contidos e materiais que considere oportuno.

Tamén temos aulas virtuais para algún ámbitos.

Para acceder a estas aulas virtuais tedes que ser usuarios da plataforma.

Precisades un correo electrónico.

Para rexistrarse

Moi importante:

Tedes que poñer Alum_ diante do voso nome ao rexistrarvos.

 

rexistro

Vades recibir un correo de verificación e xa podedes entrar na plataforma.

No caso de que o curso teña contrasinal para matricularse no mesmo teredes que falar co profesor para que vos pase a mesma.

 

Xefatura de estudos                                                                      30/09/2016

 

PROBAS LIBRES (setembro 2016): CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS

Hoxe, 27 de setembro, unha vez revisadas todas as reclamacións, publícanse as cualificacións definitivas das PROBAS LIBRES da ESO correspondentes á convocatoria de setembro 2016. Todo o alumnado  pode acceder directamente ás notas  facendo click no seguinte enlace:

       ⇒     cualificacions-definitivas-setembro-2016

ou ben na páxina web de Ensinanzas de Adultos da Consellería de Educación desde este enlace:

                          ⇒         http://www.edu.xunta.es/web/node/1238

MATRICULA BACHARELATO 2016-2017: último día!!!

HOXE, LUNS 26 DE SETEMBRO, É O ÚLTIMO DÍA PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA !!!

Os alumnos admitidos deberán pasar pola secretaría do centro para formalizar a súa matrícula, no horario de 9:00 h. a 14:00 h, desde o día 21 ata o 26 de setembro como data máxima.

Aqueles alumnos que non formalicen a súa matrícula nestas datas perderán a praza e procederase a chamar ás persoas da lista de espera.

BACHARELATO: PRESENTACIÓN e INICIO CURSO 2016-2017

PRESENTACIÓN e INICIO CURSO 2016-2017: BACHARELATO

O próximo venres, 30 de setembro, realizaremos a presentación do bacharelato para este curso 2016/17 no seguinte horario:

11:00 HORAS–> presentación BACHARELATO MAÑÁ (1º e 2º)

17:30 HORAS–> presentación BACHARELATO TARDE (1º e 2º)

As clases comezarán o luns, día 03 de outubro, nos seus horarios respectivos.

(Os horarios de cada grupo están expostos nos taboleiros da zona de conserxería).

                                       a secretaría.

BACHARELATO 2016-2017: LISTAXE PROVISIONAL ALUMNOS ADMITIDOS

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS BACHARELATO 2015-2016
Unha vez rematado todo o proceso de admisión, publicamos a listaxe de alumnos de 1º e 2º bacharelato admitidos para o curso 2016-17.
Os alumnos admitidos deberán pasar pola secretaría do centro para formalizar a súa matrícula, no horario de 9:00 h. a 14:00 h, desde hoxe mesmo, día 21 ata o 26 de setembro como data máxima.
Aqueles alumnos que non formalicen a súa matrícula nestas datas perderán a praza e procederase a chamar ás persoas da lista de espera.
Nas materias comúns/troncais da quenda da mañá existirán 2 grupos formados según a 1ª letra do 1º apelido:
                                 – GRUPO 1 → da letra A ata a letra L
                                 – GRUPO 2 → da letra M ata a letra Z

Para ver as listaxes de admitidos facede dobre-click nos seguintes enlaces:

                                           admitidos-prov-2o-bach

                                            admitidos-prov-1o-bach

Os alumnos comprobarán, antes de formalizar a súa matrícula, que as materias elexidas non coinciden ás mesmas horas; nese caso deberán cambiar a súa petición ou deixar unha das materias. Para realizar esta comprobación xa tedes publicados os horarios na nosa web e taboleiros.

PRESENTACIÓN e INICIO CURSO 2016-2017: ESA, NIVEL I, NIVEL II e MATERIAS NON REGRADAS

O próximo xoves, 22 de setembro, realizaremos a presentación do curso 2016/17  no seguinte horario:

11:00 HORAS–> ESA PRESENCIAL MAÑÁ(1º e 3º)

17:30 HORAS–> ESA PRESENCIAL TARDE (1º e 3º)

As clases de NIVEL I, NIVEL II e MATERIAS NON REGRADAS comezarán o mesmo xoves 22, nos seus horarios respectivos.

As clases de ESA SEMIPRESENCIAL impartiranse a partir do luns 26 nos seus horarios respectivos.

(Os horarios de cada grupo están expostos nos taboleiros da zona de conserxería e na web do centro).

                                                                                                           a secretaría.

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS BACHARELATO 2016-2017

Unha vez rematado o periodo de reserva de praza para 1º e 2º de bacharelato, recordade que o día 21 deste mes publicaremos o listado provisional de admitidos para este curso 2016-2017.

Os alumnos admitidos deberán pasar pola secretaría do centro para formalizar a súa matrícula, no horario de 9:00 h. a 14:00 h, desde o propio día 21 ata o 26 de setembro como data máxima.
Aqueles alumnos que non formalicen a súa matrícula nestas datas perderán a praza e procederase a chamar ás persoas da lista de espera.

PROBAS LIBRES (setembro 2016): CUALIFICACIÓNS PROVISIONAIS

Hoxe, 16 de setembro, unha vez realizada  a avaliación dos exames, publicaranse as cualificacións provisionais das PROBAS LIBRES da ESO correspondentes á convocatoria de setembro 2016. Todo o alumnado pode acceder directamente ás notas facendo click no seguinte enlace:
Cualificacións provisionais setembro 2016

ou ben na páxina web de Ensinanzas de Adultos da Consellería de Educación desde este enlace:
http://www.edu.xunta.es/web/node/1238

  • Prazo de reclamación: do 19 ao 23 de setembro (en horario de 09:00 h a 14:00 h.)